Memoria diversa é unha obra de divulgación en lingua galega que contén unha ducia de testemuños do colectivo LGTB galego recollidos pola xornalista e escritora Eva Mejuto e con fotografías de Carme Cerviño, publicada pola Deputación da Coruña en marzo de 2022. A publicación da obra naceu como complemento ao Congreso Memoria Diversa, organizado pola Deputación no pazo de Mariñán en xuño de 2021, evento que se converteu nun encontro recorrente, con edicións, cando menos, en 2022 e 2024.
Sinopse Esta obra recupera e reivindica a diversidade e a memoria histórica LGBTBIQA+ galega, nunha historia común de represións e silencios, pero tamén de celebracións e conquistas, documentando a actividade dos colectivos e activistas de Galicia e acompañando as voces representadas, de maior ou menor perfil público, con material gráfico (imaxes, carteis, folletos, revistas, manifestos etc.).
Pretende ademais alertar sobre a situación actual do colectivo, onde as persoas entrevistadas manifestan temor a perder os dereitos conseguidos, especialmente no referido ao colectivo trans.
Protagonistas As voces recollidas neste libro son:
Laura Bugalho Nacha María Sánchez Fito Ferreiro Seoane Braulio Vilariño Carmen López Picón Guillermina Domínguez Touriño Itos Domínguez Nanina Santos Castroviejo Lois Diéguez Vázquez Trinidad Falcés Vicente Montoto María Xosé Queizán
Premios
Premios Follas Novas do Libro Galego á mellor obra de divulgación no 2023.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Presentación do libro (en Youtube) Reportaxe televisiva sobre o libro (na páxina web da RTVG)
Categoría:Activismo LGTB
Categoría:Obras literarias de 2022 Categoría:Obras literarias en galego Categoría:Literatura LGBT