o IRES do APC ou sitio de entrada ao ribosoma interno (IRES) do xene APC é un elemento de ARN que está localizado na secuencia codificante do xene APC e no ARNm que se transcribe a partir del. O APC é un xene supresor de tumores cuxas mutacións están asociadas coa enfermidade conxénita polipose adenomatosa do colon familiar. O xene codifica a proteína polipose adenomatosa do colon (ten o mesmo nome que a enfermidade). Pénsase que a tradución mediada polo IRES da proteína APC é importante na fervenza apoptótica.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Elementos de ARN reguladores en cis