dereita|306x306px O VI Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes tivo lugar en 1957 en Moscova, capital entón da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. Organizada pola Federación Mundial da Mocidade Democrática (FMJD), a sexta edición do seu festival reuniu a cerca de 34.000 xoves de 131 países baixo o lema "Pola paz e a amizade!". A decisión de celebrar o VI Festival neste Estado socialista provocou a reacción dos Estados membros da OTAN, que responderon coa realización dun contrafestival como boicote.
Na Unión Soviética celebrabase por eses días o XL Aniversario da Revolución de Outubro e as rúas de Moscova foran decoradas por ese motivo cun mar de bandeiras vermellas. Tal como nas edicións anteriores, a Federación Mundial da Mocidade Democrática buscou dar fe da reconstrución do país despois das enormes perdas que supuxo a Gran Guerra Patria, nome dádo na Unión Soviética á fronte Oriental durante a Segunda Guerra Mundial.
Durante o Festival popularizouse a canción Noites de Moscova interpretada polo actor e cantante ruso Vladímir Troshin.
Véxase tamén
Ligazóns externas Información sobre o V Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes Historia dos festivais
Categoría:Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes