O resorcinol (ou resorcina) é un composto orgánico fenólico coa fórmula C6H4(OH)2. É un dos tres bencenodiois isómeros, concretamente o isómero 1,3 (ou isómero meta). O resorcinol cristaliza a partir do benceno como agullas incoloras que se disolven rapidamente en auga, alcohol, e éter, mais son insolubles en cloroformo e disulfuro de carbono.

Produción

O resorcinol prodúcese en varios pasos a partir do benceno, empezando pola dialquilación con propileno para dar 1,3-diisopropilbenceno. A oxidación e o rearranxo de Hock deste areno disubstituído orixina acetona e resorcinol. miniatura|384px|center|Produción de resorcinol por rearranxo de Hock. O resorcinol é un composto químico relativamente barato. Prodúcese en moi poucos lugares do mundo (en 2010 só había catro plantas comerciais operativas que o producían, situadas nos Estados Unidos, Alemaña, a China e o Xapón), e é o factor determinante no custo dos adhesivos PRF.Wood adhesives, Pizzi & Mittal, 2010 Porén, a produción nos Estados Unidos rematou ao pechar en 2017 a planta de Indspec Chemical en Petrolia, Pensilvania.

Existen moitas rutas adicionais para producir resorcinol. Anteriormente producíase por disulfonación do benceno seguida de hidrólise do 1,3-disulfonato. Este método foi descartado porque coxeraba moitos residuos que contiñan xofre. O resorcinol pode tamén producirse cando moitos tipos de resinas (como o gálbano e a asafétida) se funden con hidróxido de potasio, ou pola destilación do extracto de pau brasil. Pode ser sintetizado fundindo 3-iodofenol, ácido fenol-3-sulfónico con carbonato de potasio. A diazotización de 3-aminofenol ou do 1,3-diaminobenceno seguida da hidrólise é outra ruta posible máis. Moitos compostos orto e para da serie aromática (por exemplo, os bromofenois, ácido benceno-para-disulfónico) tamén renden resorcinol en fusión con hidróxido de potasio.

Reaccións A hidroxenación parcial do resorcinol dá lugar a dihidroresorcinol, tamén coñecido como 1,3-ciclohexanodiona.

Reduce a solución de Fehling e as solucións de prata amoniacal. Non forma precipitado coa solución de acetato de chumbo, como si fai o isómero pirocatecol. O cloruro de ferro(III) colorea a súa solución acuosa de violeta escuro, e a auga de bromo precipita tribromoresorcinol. Estas propiedades son o que permite o seu uso como axente colorante en certos experimentos de cromatografía.

A amálgama de sodio redúceo a dihidroresorcina, que cando se quenta a 150-160 °C con solución concentrada de hidróxido de bario dá ácido γ-acetilbutírico.ATAMAN Chemicals Resorcinol

Cando se fusiona con hidróxido de potasio, o resorcinol rende floroglucina, pirocatecol e dirresorcinol. Condensa cos ácidos ou os cloruros ácidos, en presenza de axentes deshidratantes, a oxicetonas, por exemplo, con cloruro de cinc e ácido acético glacial a 145 °C rende resacetofenona (HO)2C6H3COCH3. Cos anhídridos de ácidos dibásicos, rende fluoresceínas. Cando se quenta con cloruro de calcio—amoníaco a 200 °C rende meta-dioxidifenilamina.A. Seyewitz, Bull. Soc. Chins., 1890, 3, p. 811

Co nitrito de sodio forma unha tintura hidrosoluble, que se torna vermella con ácidos, e utilízase como indicador de pH co nome lacmoide. Condensa doadamente con aldehidos, rendendo con formaldehido, con adición de ácido clorhídrico catalítico, metileno diresorcina [(HO)C6H3(O)]2CH2. A reacción con hidrato de cloral en presenza de bisulfato de potasio rende a lactona do ácido tetra-oxidifenil metano carboxílico.J. T. Hewitt and F. G. Pope, Jour. C/tern. Soc., 1897, 75, p. 1084 En solucións alcohólicas condensa con acetoacetato de sodio para formar 4-metilumbeliferona.

En presenza de ácido sulfúrico, co dobre de cantidade de ácido succínico, o resorcinol crea un efecto fluorescente na auga.

Ademais da adición aromática electrofílica, o resorcinol (e outros poliois) sofren unha substitución nucleófila a través do tautómero enona.

A nitración con áido nítrico concentrado en presenza de ácido sulfúrico concentrado frío rende trinitroresorcina (ácido estífnico), un explosivo.

Presenza na natureza e uso

Poden atoparse derivados do resorcinol en diferentes fontes naturais. Os alquilresorcinois atópanse no centeo. Os polirresorcinois atópanse como pseudotaninos en plantas.

Adhesivos O resorcinol utilízase maiormente para a produción de resinas. Como mestura co fenol, condensa co formaldehido para producir adhesivos. Tales resinas úsanse como ahedsivos ou pegamentos na industria da goma e outras utilízanse para a cola de madeira. En relación coa súa conversión en resinas con formaldehido, o resorcinol é o material de inicio para formar aneis de resorcinareno.

Usos médicos

Está presente en produtos para o tratamento tópico do acne que se venden sen receita a unha concentración do 2 % ou menor, e en tratamentos de prescrición a maiores concentracións. O monoacetilresorcinol, C6H4(OH)(O–COCH3), utilízase co nome Euresol.Euresol, PubChem Utilízase na hidradenite supurativa con probas limitadas que mostran que pode axudar á curación das lesións. O resorcinol é un dos ingredientes activos en produtos como o Resinol, Vagisil e Clearasil.

Nas décadas de 1950 e principios da de 1960 o Exército Británico utilizouno en forma dunha pasta que se aplicaba directamente na pel. Un dos lugares onde se aplicou este tratamento a soldados con acne crónico foi no Hospital Militar de Cambridge, Aldershot, Inglaterra. Non sempre tiña éxito.

O 4-hexilresorcinol é un anestésico atopado en caramelos para a garganta.

Usos químicos O resorcinol utilízase como composto químico intermediario para a síntese de fármacos e outros compostos orgánicos. Utilízase na produción de tinguiduras diazo e plastificantes e como absorbente de raios UV en resinas.

É un reactivo analítico para a determinación cualitativa da cetose (test de Seliwanoff).

É o material de partida para o explosivo iniciador estifnato de chumbo."Military Explosives," Department of the Army Technical Manual, TM-9-1300-214 (Washington, D.C.: Department of the Army, setembro de 1984), p. 7-12.

Compostos relacionados

A resazurina, C12H7NO4, obtida pola acción do ácido nitroso sobre o resorcinol, forma pequenos cristais vermellos escuros que posúen un brillo metálico verdoso. Cando se disolven en ácido sulfúrico concentrado e quéntanse a 210 °C, a solución ao vertela en auga rende un precipitado de resorufina, C12H7NO3, unha oxifenoxazona, que é insoluble en auga, pero é doadamente soluble en ácido clorhídrico quente concentrado, e en solucións de álcalis cáusticos. As solucións alcalinas son dunha cor rosa-vermella e mostran unha fluorescencia vermellón-vermella. Unha tetrabromresorufina úsase como unha tintura co nome Azul de Resorcina Fluorescente.

O tiorresorcinol obtense pola acción do cinc e o ácido clorhídrico sobre o cloruro de meta-bencenedisulfonilo. Funde a 27 °C e ferve a 243 °C. O ácido resorcinol disulfónico, (HO)2C6H2(HSO3)2, é unha masa delicuescente obtida pola acción do ácido sulfúrico sobre a resorcina. É moi soluble en auga e etanol.

O resorcinol é tamén un armazón común que se encontra nunha clase de axentes anticancro, algúns dos cales (luminespib, ganetespib, KW-2478, e onalespib) estaban en ensaios clínicos en 2014. Parte da estrutura do resorcinol únese e inhibe o dominio N-terminal da proteína de choque térmico 90, que é unha diana de fármacos para os tratamentos anticancro.

Historia, etimoloxía e nomenclatura O químico austríaco Heinrich Hlasiwetz (1825–1875) é lembrado pola súa análise química do resorcinol e polo seu papel na primeira preparación do resorcinol, xunto con Ludwig Barth, que se publicou en 1864.Raj B. Durairaj. Resorcinol: Chemistry, Technology and Applications. Springer Science & Business Media, 2005

O nome benceno-1,3-diol é o recomendado como PIN pola IUPAC nas súas Recomendacións para a Nomenclaura da Química Orgánica de 1993.

O resorcinol chámase así porque deriva da goma de resina amoniacada, e pola súa relación co composto químico orcinol.H. Hlasiwetz and L. Barth (1864) "Ueber einen neuen, dem Orcin homologen Körper" (On a new substance homologous to orcin), Annalen der Chemie, 130 (3) : 354-359. Noméase o resorcinol na páxina 358: "Wir nennen den neuen Körper, da wir gefunden haben, dass er auch aus dem Ammoniakgummiharz erhalten werden kann, Resorcin, um an seine Entstehung aus Harzen und seine Beziehung zum Orcin zu erinnern." (Nomeamos unha nova substancia, xa que atopamos que pode obterse da goma de resina amoniacada, resorcina, para lembrar a súa creación a partir da resina e a súa relación coa orcina.)

Toxicidade O resorcinol ten unha baixa toxicidade, cun LD50 (en ratas, oral) > 300 mg/kg. É menos tóxico que o fenol.

O resorcinol considérase substancia de moi alta preocupación no REACH da Unión Europea en 2022 debido ás súas propiedades como perturbador endócrino.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas International Chemical Safety Card 1033 NIOSH Pocket Guide to Chemical Hazards Monografía do IARC: "Resorcinol" IUPAC Nomenclature of Organic Chemistry (versión on line do "Blue Book")

Categoría:Perturbadores endócrinos Categoría:Carcinóxenos