Medio dólar da Carta de Albany"1936 Albany Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com"½ Dollar Albany, New York Charter". Numista.com150px150pxA/: Castor cunha póla de pradairo. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM IN GOD WE TRUST / HALF DOLLAR.R/: O gobernador colonial Thomas Dongan entrégalle a carta a Peter Schuyler, primeiro alcalde de Albany, e a Robert Livingston. Aguia en voo por riba. Lendas: SETTLED 1614 CHARTERED 1686 / LIBERTY / 1936 / ALBANY N Y Data: 1936 Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia (sen marca de ceca). Gravador: Gertrude K. Lathrop. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe: 25.013 exemplares (deles 7.342 refundíronse). Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.
O medio dólar da Carta de Albany é unha moeda estadounidense de prata con ese valor facial emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de Filadelfia con data de 1936. A moeda foi emitida en conmemoración do 250 aniversario da promulgación da carta municipal de Albany, a capital do Estado de Nova York.
A moeda foi deseñada pola escultora Gertrude K. Lathrop, residente na cidade de Albany.
En 1936, o Congreso estadounidense aprobou a emisión dun bo número de moedas conmemorativas, algunhas delas de relevancia puramente local. Entre elas figuraba esta moeda de Albany, desexada polas autoridades da cidade para conmemorar o 250 aniversario da concesión en 1686 da súa carta municipal por Thomas Dongan, gobernador do Nova York colonial. O proxecto de lei que autorizaba a emisión foi aprobado polo Congreso sen oposición, aínda que as emendas engadidas durante o trámite incrementaron a protección dos coleccionistas de moedas fronte aos abusos observados en emisións conmemorativas anteriores.
Os deseños de Lathrop foron maioritariamente gabados: nunha das faces da moeda colocou un castor modelado do natural —un exemplar aparece tamén no selo da cidade de Albany— e na outra representou as persoas implicadas na concesión da Carta. Tras a aprobación dos deseños pola Comisión de Belas Artes dos EEUU, a Ceca de Filadelfia cuñou 25.013 exemplares deste medio dólar en outubro de 1936, incluídos 13 espécimes destinados á súa comprobación pola Comisión de Ensaios dos Estados Unidos.
No momento da emisión, a demanda de moedas conmemorativas estaba a diminuír e o seu prezo de distribución de dous dólares considerouse elevado, polo que non se acadou o nivel de vendas previsto. Así as cousas, en 1943 devolvéronse máis de 7.000 pezas á casa da moeda para a súa refundición.
Antecedentes O primeiro europeo que visitou o lugar posteriormente ocupado por Albany, Nova York, foi o inglés Henry Hudson en 1609. En 1624, os holandeses estableceron alí Fort Orange como asentamento permanente e os ingleses tomaron o control da zona en 1664, aínda que os holandeses seguiron a reclamar propiedades. En 1685, o nome de Fort Orange cambiouse polo de Albany, na honra de Xacobe, duque de Albany, o futuro monarca Xacobe II. O ano seguinte, Pieter Schuyler e Robert Livingston viaxaron á cidade de Nova York, a capital colonial, para obter do gobernador Thomas Dongan unha carta municipal para Albany. Schuyler converteuse daquela no primeiro alcalde de Albany; Livingston foi nomeado secretario da cidade e do condado de Albany e, xa que logo, con dereito a honorarios. A cidade converteuse na capital do estado de Nova York en 1797.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 128-129.Bielinski, S (2015). "Robert Livingston: the founder". New York State Education Department (nysed.gov).miniatura|560x560px|center|Primeiro parágrafo da Carta de Dongan de 1686.Ata 1954, o Goberno dos Estados Unidos vendíalles toda as tiraxes de moedas conmemorativas polo seu valor nominal ás entidades sen ánimo de lucro que foran autorizadas polo Congreso, que logo intentaban venderllas á poboación con beneficio, para financiaren proxectos de interese social. A aparente facilidade para obter beneficios coa compra e a tenza de moedas conmemorativas atraeu moitos afeccionados ao coleccionismo numismático, que trataron de adquirir as novas emisións, o que deu lugar á presentación de numerosas propostas no Congreso, moitas delas cunha significancia puramente local,Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 62-63. como é o caso do medio dólar de Albany.Flynn, K. (2008). Páxina 43. Neste caso, a entidade designada polo Congreso para a comercialización do medio dólar de Albany foi un comité encabezado polo alcalde da cidade, John B. Thacher.Flynn, K. (2008). Páxina 355.
Proceso lexislativo miniatura|313x313px|O representante demócrata por Nova York, Parker Corning, promotor da emisión do medio dólar na Cámara de Representantes. O 23 de abril de 1935, o representante demócrata polo estado de Nova York Parker Corning presentou na Cámara de Representantes dos Estados Unidos un proxecto de lei para a emisión do medio dólar conmemorativo do 250 aniversario da fundación de Albany,A lei de autorización fala do 250 aniversario da fundación de Albany, o cal era incorrecto, xa que a efeméride era o 250 aniversario da concesión da carta municipal. Véxase Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 128. que foi remitido á Comisión de Moeda, Pesos e Medidas."Public Bills and Resolutions". En Congressional Record - House. 23 de abril de 1935. Páxinas 6.257-6.258. O 17 de febreiro de 1936 informouse da súa devolución ao pleno desa cámara, coa recomendación de que se aprobase logo de se introducir unha emenda,"Public Bills and Resolutions". En Congressional Record - House. 17 de febreiro de 1936. Páxina 2.275. mediante a que se aumentaba a tiraxe dos 10.000 medios dólares inicialmente solicitados a 25.000 exemplares, e se exixía que unha comisión de polo menos tres persoas nomeadas polo alcalde de Albany estivese facultada para encargar as moedas á casa da moeda —o proxecto orixinal permitía que un particular tivese esa facultade—. O congresista Corning presentou o proxecto para a súa votación na Cámara de Representantes o 25 de marzo, e foi aprobado sen debate nin oposición."Commemoration of the Two Hundred and Fiftieth Anniversary of the Founding of the City of Albany, N. Y.". En Congressional Record - House. 25 de marzo de 1936. Páxina 4.324.
Logo no Senado, o proxecto de lei foi remitido á Comisión de Banca e Moeda o 26 de marzo de 1936."Message from the House". En Congressional Record - Senate. 26 de marzo de 1936. Páxina 4.365. Só dúas semanas antes, o 11 de marzo, unha subcomisión da Comisión de Banca dirixida por Alva B. Adams, de Colorado, examinara os abusos que se estaban a producir polas entidades emisoras doutra moedas conmemorativas da época,USSCBC (1936). Portada e páxinas 1-2. xa que fora informada de que, en ocasións, estas entidades solicitaban emitir as moedas con diferentes marcas de ceca e con diferentes datas, para aumentar así o número de moedas necesarias para que os coleccionistas completasen as súas series, co conseguinte aumento dos exemplares vendidos e, xa que logo, tamén dos beneficios.USSCBC (1936). Páxinas 11-12. En relación con isto, Lyman W. Hoffecker, un comerciante de moedas de Texas e membro da American Numismatic Society, testemuñou que algunhas moedas como o medio dólar conmemorativo do Oregon Trail, cuñado por primeira vez en 1926, se emitiran no transcurso dos anos con diferentes datas e marcas de ceca. Outras emisións foran adquiridas na súa totalidade por comerciantes individuais, no canto de seren distribuídas entre a poboación, e algunhas variedades de moedas conmemorativas de escasa tiraxe vendíanse a prezos moi elevados. Todas esta prácticas especulativas enfureceron os coleccionistas numismáticos que intentaban manter ao día as súas coleccións.USSCBC (1936). Páxinas 18-23.
O 21 de maio de 1936, Adams remitiu ao pleno do Senado o proxecto de Albany cunha proposta de emenda,"Repoprts of Committees". En Congressional Record - Senate. 21 de maio de 1936. Páxina 7.659. mediante a que se reformulaba por completo o proxecto de lei, impondo restricións tales como o límite dun ano para a emisión das moedas e que só se emitisen nunha casa de moeda. O proxecto foi examinado polo Senado o 1 de xuño, que o emendou e aprobou sen debate nin disensión."Founding of Albany, N. Y. Coinage of 50-cents Pieces". En Congressional Record - Senate. 1 de xuño de 1936. Páxina 8.440.
Como ambas as cámaras aprobaran versións non idénticas do proxecto de lei —por mor das emendas introducidas—, o proxecto tivo que volver á Cámara de Representantes, onde o 3 de xuño, James M. Mead, de Nova York, propuxo que esa cámara aceptase a emenda do Senado. Así o fixo sen necesidade de debate,"Two Hundred and Fiftieth Anniversary of the Founding of Albany". En Congressional Record - House. 3 de xuño de 1936. Páxina 8.825. e o proxecto converteuse en lei o 16 de xuño de 1936, coa sinatura do daquela presidente Franklin D. Roosevelt. A lei autorizaba a cuñaxe de 25.000 exemplares da moeda de medio dólar, e facultaba o comité de Albany para vender os vender ao seu valor nominal ou con sobreprezo, coa exixencia de que os posibles beneficios se destinasen a sufragar os gastos das celebracións do aniversario."Albany, New York Commemorative Coin Legislation". United States Mint (USMint.gov)."History Lesson: 1936 Albany Charter Half Dollar". Numismatic Guaranty Corporation (NGCcoin.com)."Public No. 687 — 74th Congress H.R. 7690". Govinfo.gov
Preparación miniatura|294x294px|Nellie Tayloe Ross era a directora da Casa da Moeda dos EEUU cando se emitiu o medio dólar de Albany. O 2 de xullo de 1936, o alcalde de Albany, John B. Thacher, escribiu á directora da Casa da Moeda dos EEUU, Nellie Tayloe Ross, para lle comunicar que nomeara o comité de tres membros exixido pola lei, que estaba encabezado por William L. Gillespie, presidente do National Commercial Bank and Trust Company. O alcalde declarou tamén que a cidade lle encargara o deseño da moeda á escultora Gertrude K. Lathrop, dado que esta fora moi recomendada polo deseñador da moeda de cinco centavos Búfalo, James Earle Fraser, entre outros artistas. Sinalou ademais que as celebracións do aniversario de Albany terían lugar do 19 ao 22 de xullo e quería que as novas moedas estivesen dispoñibles o antes posible.Flynn, K. (2008). Páxina 254.
O 2 de setembro, Lathrop acudiu ás oficinas da Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos, cos seus deseños da moeda xa plasmados en modelos de escaiola e cunha carta do escultor que se encargara da execución destes, Lee Lawrie.Flynn, K. (2008). Páxinas 254-255. A Comisión de Belas Artes, en virtude dunha orde executiva de 1921 do presidente Warren G. Harding, estaba encargada de emitir ditames consultivos sobre as obras de arte públicas, incluídas as moedas.Taxay, D. (1967). Páxinas 5-6. Loxicamente, Lawrie era favorable aos deseños de Lathrop, Aínda que lle preocupaba que as letras da palabra LIBERTY fosen demasiado pequenas e se perdesen ao reducir os modelos ao tamaño dunha moeda. Así as cousas, Lathrop consultou o asunto co gravador xefe da Casa da Moeda, John R. Sinnock, na Ceca de Filadelfia, quen lle asegurou que a palabra seguiría a ser visible e afirmou que pensaba que os modelos darían lugar a unha «moeda espléndida». Tamén acadou o apoio da directora adxunta da Casa da Moeda, Mary M. O'Reilly. Logo destas opinións, Lawrie retirou as súas reticencias e os modelos foron aprobados pola Comisión de Belas Artes o 9 de setembro de 1936.Taxay, D. (1967). Páxina 222. Os cuños para a produción do medio dólar de Albany completáronse a finais dese mes ou xa en outubro.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 6.
Deseño
Anverso