Gunpei Yokoi (en xaponés: 横井 軍平, ás veces tamén transliterado como Gumpei Yokoi), nado en Kyoto o 10 de setembro de 1941 e falecido na prefectura de Ishikawa o 4 de outubro de 1997, foi un desenvolvedor de videoxogos xaponés que traballou para Nintendo. Posuidor dunha gran inventiva e creatividade, inventou a afamada consola portátil Game Boy (esta xunto con Satoru Okada) e os Game & Watch, moi populares nos anos 80, considerados os antecesores da primeira mencionada. Tamén foi o home que desenvolveu as franquías de Metroid e Kid Icarus.
Traxectoria
Gunpei Yokoi comezou a traballar en Nintendo en 1965,Gunpei Yokoi: auge y caída en desgracia del genio nunca suficientemente reconocido que llevó a Nintendo a la cima (2 de agosto de 2020). www.xataka.com. despois de graduarse cun título universitario en Electrónica pola Universidade de Doshisha.Gunpei Yokoi: uno de los padres de los videojuegos (10 de setembro de 2021). Pressover.news. Yokoi comezou a traballar na cadea de montaxe das cartas hanafuda como enxeñeiro de mantemento.
En 1966 o presidente de Nintendo nesa época, Hiroshi Yamauchi, chegou á fábrica na que estaba a traballar Yokoi e chegou a ver un xoguete, unha especie de brazo extensíbel, que Yokoi fixera para entreterse nos seus ratos libres como home de mantemento. Yamauchi ordenou a Yokoi desenvolver o xoguete como produto orientado ás compras de Nadal; ese xoguete, denominado Ultra Hand (Ultra Man), foi un grande éxito, vendendo aproximadamente 1,2 millóns de unidades. Grazas a isto, Yokoi foi transferido de mantemento ao sector de desenvolvemento de produtos. Yokoi pasou a desenvolver moitos outros produtos para Nintendo na época en que a compañía se adicaba á produción de xoguetes, entre os que había unha aspiradora en miniatura a control remoto, chamada Chiritory; unha máquina lanza pelotas de béisbol, chamada Ultra Machine (Ultra Máquina) e un "test do amor". Outra das súas invencións, en colaboración con Masayuki Uemura de Sharp, foi o canón de feixe de Nintendo, o precursor da NES Zapper.
Gunpei Yokoi creou en 1980 dous xoguetes mentais mecánicos ("quebracabezas") que confirmaron unha vez máis a súa intelixencia creativa e abstracta. Trátase do "Ten Billion Barrell" e o Trillion (que nos Estados Unidos comercializou "Ideal Toys"), ambos os dous cubertos na patente norteamericana US4376537 de 1980. En 1982, Yokoi acreditou para Nintendo a patente doutro xogo mental chamado "Crossover" (patente US4402510). En 2007, o Ten Billion Barrell foi reeditado con forma de estrela como unha edición especial para os membros do Club Nintendo xaponés.
Cando finalmente Nintendo comezou a vender videoxogos, Yamauchi preguntoulle a Yokoi se podería desenvolver algún produto neste campo. Despois de ver a un home de negocios aburrido xogando cunha calculadora nun tren bala, Yokoi inventou un prototipo. O resultado inicial foi a popular serie de consolas portátiles Game & Watch, a cal tivo 59 títulos entre 1980 e 1991. alt=Xogo da Game & Watch: Parachute|miniatura|200px|Game & Watch, a primeira consola de Yokoi. thumb|200px|A Game Boy orixinal foi a obra máis importante de Gunpei Yokoi. thumb|200px|Virtual Boy, obra de Yokoi que foi un fracaso comercial. Após o éxito das Game & Watch, quizais o traballo máis notábel de Yokoi na área do soporte físico (hardware) foi a consola portátil Game Boy (creada xunto con Satoru Okada), lanzada ao mercado xaponés en abril de 1989. A Game Boy é considerada a sucesora dos xogos Game & Watch. Porén, na Game Boy podíanse xogar numerosos títulos a través dun sistema baseado en cartuchos, e os xogos eran presentados nunha pantalla monocromática. En resumo, a consola tiña a portabilidade dos xogos da Game & Watch e a capacidade de intercambio de cartuchos da Famicom.
Grazas ao éxito da Game Boy e de anteriores traballos, Gunpei Yokoi converteuse nun dos membros máis respectados de Nintendo. Porén, boa parte da súa reputación caeu de forma dramática co desenvolvemento da Virtual Boy, unha consola de sobremesa que presentaba xogos en cores vermella e negra, que foi un fracaso comercial. A Virtual Boy presentaba imaxes en 3D; pero o ton vermello presentado pola máquina irritaba os ollos dos xogadores e ademais a máquina en si era sumamente incómoda de utilizar. A Virtual Boy chegou a posuír un total de só 22 xogos. Como resultado, non tivo ningún éxito nin no Xapón nin en América do Norte e, por conseguinte, xamais foi lanzada en Europa. Yokoi estaba devastado por mor do fracaso que supuxera a Virtual Boy, e o seu fallo con este produto fixo que moitos empregados de Nintendo cuestionasen o seu potencial e as súas habilidades. De acordo cun episodio de Icons na canle G4 TV, Yokoi era tratado dunha forma excluínte, como un rexeitado, iñantes de deixar Nintendo o 15 de agosto de 1996, pouco despois de que a Game Boy Pocket fose lanzada ao mercado xaponés.
Pouco despois de deixar Nintendo, Yokoi comezou a súa propia compañía, chamada Laboratorios Koto, en Kyoto. Alí empezou a desenvolver a consola WonderSwan, unha portátil desenvolvida en asociación entre Laboratorios Koto e Bandai. Yokoi xamais viu o resultado final da WonderSwan, que foi lanzada en 1999, dous anos após a súa morte.
Falecemento O 4 de outubro de 1997, Gunpei Yokoi viaxaba nun coche conducido por Etsuo Kiso, un home de negocios de Nintendo, cando chocaron cun camión pola autoestrada de Neagarimachi. Cando ambos saíron a comprobar os danos do vehículo, Yokoi foi atropelado por un terceiro vehículo, tras o cal Yokoi rompeu varias costelas e Kiso sufriu dúas fracturas e graves traumatismos cervicais. Dúas horas despois, Yokoi foi declarado morto no hospital, aos 56 anos de idade. O seu derradeiro proxecto persoal nunca chegou a ver a luz.
Videoxogos e consolas Deseñador 1980 - Game & Watch 1985 - R.O.B. 1985 - Zapper 1989 - Game Boy 1995 - Virtual Boy 1999 - WonderSwan
Produtor 1986 - Metroid 1991 - Metroid II: Return of Samus 1994 - Super Metroid 1986 - Kid Icarus 1988 - Famicom Tantei Club: Kieta Kōkeisha 1989 - Famicom Tantei Club Part II: Ushiro ni Tatsu Shōjo 1989 - Super Mario Land 1990 - Fire Emblem: Ankoku Ryū to Hikari no Tsurugi 1992 - Fire Emblem Gaiden 1992 - Super Mario Land 2: 6 Golden Coins 1994 - Fire Emblem: Monshō no Nazo 1996 - Fire Emblem: Seisen no Keifu 1990 - Dr. Mario 1992 - Yoshi's Cookie 1993 - Wario Land: Super Mario Land 3 1995 - Panel de Pon (lanzado en América como Tetris Attack) 1995 - Kirby's Block Ball
Notas
Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Personalidades de Nintendo Categoría:Nados na prefectura de Kyoto