A enfermaría de saúde mental ou enfermaría psiquiátrica é a especialidade da enfermaría que se encarga do coidado de persoas de todas as idades con algún trastorno ou enfermidade mental, como o son a esquizofrenia, trastorno bipolar, psicose, depresión ou demencia. Os enfermeiros especializados nesta área reciben máis información en terapias psicolóxicas, relación terapéutica e administración de medicación psiquiátrica. Peplau, Hildegard E. Interpersonal Relations in Nursing. Oxford University Press, 1991. ISBN 978-0195066171. Townsend, Mary C.; Morgan, Karyn I. Psychiatric Mental Health Nursing: Concepts of Care in Evidence-Based Practice. 10ª edición. F. A. Davis, 2023. ISBN 978-1719648240. Videbeck, Sheila L. Psychiatric-Mental Health Nursing. Lippincott Williams & Wilkins, 2022. ISBN 978-1975206024. Organização Mundial da Saúde (OMS). Mental Health Action Plan 2013-2020. OMS, 2013. ISBN 978-9241506021.

Historia en España É no primeiro terzo do século XX cando comezou a desenvolverse plenamente a enfermaría mental. En 1903 créase o Instituto de Reformas Sociais, que se encargará de diagnosticar os principais problemas de España, entre os que están a mortalidade infantil e a saúde mental. Neste século mantense custodiando aos enfermos no sistema penal e o sanitario. En 1923 créase a Escola Nacional de Puericultura (1923) e a Escola Nacional de Sanidade (1924), que buscan unha solución ao problema do coidado dos enfermos mentais. Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID). Salud mental y desarrollo humano. 2ª edición, AECID, 2019.

A busca de solucións para tratar este tipo de doentes levou á creación dunha Escola de Psiquiatría no ano 1926. Esta institución dedicouse a realizar diversas investigacións sobre a enfermidade mental, o seu tratamento e posible curación. Paralelamente, en 1928, a Liga Española de Hixiene Mental promoveu a formación de comités destinados a ofrecer informes ás autoridades locais. Neses informes incluíanse recomendacións sobre o persoal de enfermaría, así como as cualidades necesarias para desempeñar axeitadamente o seu traballo con este tipo de pacientes.

En 1931 xurdiu o Consello Superior Psiquiátrico que dependía da Dirección Xeral de Sanidade. Este grupo estudaba con frecuencia os problemas mentais da sociedade e deu lugar neste mesmo ano á sección de psiquiatría e enfermidades mentais. En 1932, a enfermaría de saúde mental tivo un grande avance, implantouse a lei de ordenación e regulación do persoal sanitario en establecementos psiquiátricos.

Tras a Guerra Civil Española, a enfermaría psiquiátrica sufriu un retroceso. Non é ata 1987, cando se crea o título de «Enfermaría de Saúde Mental», o cal comeza a impartirse a partir de 1998 nas universidades españolas.Ministerio de Sanidad y Consumo. (1987). Resolución de la secretaría de estado de universidades, investigación y desarrollo del ministerio de educación y cultura. Gobierno de España. http://www.msssi.gob.es/profesionales/formacion/docs/EnfermeriaSaludMental.pdf Laín Entralgo, Pedro. Historia de la Medicina Psiquiátrica y de la Enfermería Psiquiátrica en España. Biblioteca Nueva, 2000.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos

enfermaría psiquiatría

enfermaría pediátrica enfermaría do traballo enfermaría obstétrico-xinecolóxica diagnóstico enfermeiro coidados paliativos

Categoría:Enfermaría Categoría:Saúde mental