O trastorno histriónico da personalidade (tamén coñecido como histeroide) (THP) está definido pola Asociación Estadounidense de Psiquiatría como un trastorno da personalidade no que o paciente presenta un patrón de excesiva busca de atención, comezando xeralmente na idade adulta temperá (frecuentemente na adolescencia), caracterizado tamén por un comportamento sedutor inapropiado e unha necesidade excesiva de aprobación. American Psychiatric Association. (2000). DSM-IV-TR Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders. American Psychiatric Publishing. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2011. Consultado o 3 de abril de 2016. MSD Manuals. "Trastorno de personalidad histriónica – Profesional". Consultado o 16 de setembro de 2025. <https://www.msdmanuals.com/es/professional/trastornos-psiqui%C3%A1tricos/trastornos-de-la-personalidad/trastorno-de-personalidad-histri%C3%B3nica> Os pacientes con trastorno histriónico da personalidade adoitan ser persoas moi animadas, dramáticas, vivaces, entusiastas e coquetas. O THP afecta catro veces máis a mulleres que a homes. Cunha prevalencia do 2-3% da poboación xeral, constitúe o 10-15% dos ingresos e saídas nas institucións mentais.
O THP forma parte dun grupo dos trastornos de personalidade denominado "dramático". As persoas con THP presentan unha necesidade moi grande e case constante de atención, realizan aparicións inapropiadas e rechamantes, expresan as súas emocións de forma intensa ou excesiva e poden ser facilmente influenciadas por outras persoas. Condutas asociadas inclúen egocentrismo, hedonismo, desexo continuo de apreciación e comportamento manipulador persistente para conseguir os seus propios obxectivos.
Descrición Polo xeral, as persoas con THP son altamente funcionais, tanto social como profesionalmente. Adoitan ter boas habilidades sociais, si ben teñen unha tendencia a usalas para manipular a outros e converterse así no centro de atención. THP tamén pode afectar as relacións persoais ou sentimentais, así como á súa habilidade para soportar as perdas ou os fracasos. Poden buscar tratamento para a depresión cando unha relación sentimental termina.
Individuos con THP adoitan percibir a súa propia situación persoal de forma pouco realista, dramatizando e esaxerando as súas dificultades. Tamén poden cambiar de traballo habitualmente, da mesma forma que adoitan aburrirse con facilidade e poden preferir deixalo por frustración (no canto de afrontalo). É por isto que sempre están a buscar o novo e o excitante, o que lles podería levar a situacións perigosas. Todos estes factores lévanlles a ter maior risco de depresión clínica.
Causas Existe a día de hoxe pouca investigación sobre as causas deste trastorno.
Considérase que na súa aparición inflúen tanto factores ambientais durante a primeira infancia e os factores biolóxicos.
Outras causas do THP poderían ser: recibir pouca atención durante a infancia, ter pais distantes, abusivos ou sedutores, ou a carencia de educación.
Diagnóstico e características Segundo o DSM V, os criterios requiridos para a emisión do diagnóstico de trastorno histriónico da personalidade son os seguintes:
Consiste nun patrón dominante de emotividade excesiva e de procura de atención, que comeza nas primeiras etapas da idade adulta e permanenece presente en diversos contextos, e que se manifesta por cinco (ou máis) dos feitos seguintes:"Histrionic Personality Disorder". The Cleveland Clinic.Asociación Americana de Psiquiatría. (2013). Guía de consulta de los criterios diagnósticos del DSM-5.
1. O paciente sentese incómodo en situacións nas que non é o centro de atención.
2. As súas interacción cos demais caracterízanse con frecuencia por un comportamento sexualmente sedutor ou provocativo inapropiado.
3. Presenta cambios rápidos e unha expresión plana das emocións.
4. Utiliza constantemente o aspecto físico para atraer a atención das persoas que o rodean.
5. Ten unha forma de falar que se basea excesivamente nas impresións e que carece de detalles.
6. Mostra autodramatización, teatralidad e expresión esaxerada das emocións.
7. É suxestionable (facilmente influenciable polos demais ou polas circunstancias).
8. Considera que as relacións que mantén son máis estreitas do que son en realidade.
Tipos de trastorno histriónico da personalidade Os tipos de THP descritos actualmente son:.MSD Manuals. "Trastorno de personalidad histriónica – Profesional".
Histriónico normal: É o caso estándar, as persoas con este tipo de THP necesitan a atención e aprobación do resto. Adoitan ser extravertidos, sociables, optimistas, con gran sentido da sedución para obter o que queren, manipuladores.. Histriónico teatral: Neste tipo, os pacientes teñen un carácter melancólico e melodramático. Finxen ante a xente coa finalidade de agradar sempre. Histriónico infantil: Caracterízase pola presenza de trazos típicos do trastorno límite da personalidade. Consiste na adopción de condutas típicas de nenos pequenos coa finalidade de chamar a atención: Sofren rabietas, rabechas, ataques de rabia... Adoitan ser persoas moi exixentes nas súas relacións, chegando a desenvolver dependencia e medo ao abandono que fai que frecuentemente realicen condutas como prantos desconsolados ou ataques explosivos de rabia. Histriónico apaciguador: Caracterízase polos trazos dependentes e compulsivos do trastorno. O trazo común de querer agradar a todos segue presente e desenvólvense actitudes dando a impresión de "desvivirse" polos demais. Tamén se coñece como histrionismo compracente e as persoas que o padecen adoitan ter unha autoestima baixa polo que utilizan as técnicas compracentes para lograr afecto e atención. Histriónico tempestuoso: Este subtipo fai referencia a unha personalidade histriónica con trazos negativistas. O trazo principal é a inestabilidade emocional e altérnanse períodos de impulsividad con períodos de depresión. As persoas con este trazo habitualmente son malhumoradas e reaccionan á mínima provocación. Histriónico falso: neste tipo de THP ademais das características propias do histrionismo atopamos trazos propios do trastorno antisocial. Estas persoas adoitan mostrarse como persoas agradables e educadas, pero as persoas achegadas que lles coñecen realmente valóranos como persoas mentireiras e calculadoras, sen ningunha responsabilidade dos seus actos.
Tratamento do Trastorno Histriónico da Personalidade Polo de agora, non se dispón de datos obtidos cientificamente que demostren que hai tratamentos psicolóxicos efectivos para os trastornos da personalidade. Polo que respecta ao tratamento farmacolóxico, non terá resultados beneficiosos directos para a persoa que sofre devandito trastorno, pero si que pode producir algúns síntomas e producir efectos positivos en determinados momentos puntuais.Seligman, Martin E.P. (1984). Abnormal Psychology.
Non obstante, para tratar de diminuír os efectos do THP pódense adestrar algunhas técnicas como poden ser a relaxación ou as habilidades sociais. Para adestrar estas habilidades son necesarios diversos procedementos cognitivos e conductuales que foron demostrados en varios estudos científicos.
Adestramento da empatía, por Turkat (1996). O obxectivo principal desta técnica é conseguir que a persoa que padece o THP sexa capaz de atender suficientemente ás persoas que lle rodean, ademais de ter en conta os seus sentimentos. Para conseguilo será necesario levar a cabo un adestramento en escoita activa. Terapia de integración de Horowitz (1995). Esta terapia componse de aspectos psicanalíticos, cognitivos e conductuales que se desenvolven ao longo de catro fases: Primeiro deberanse clasificar os síntomas que presenta o paciente tratado para estabilizar as súas emocións e observar os patróns interpersoais desadaptativos. A continuación, identificaranse e afrontaranse os cambios sufridos no estado mental do paciente, para conseguir unha maior autenticidade e evitar a inundación emocional. O seguinte será proceder a identificar e contraatacar os procesos defensivos de control para diminuír a tendencia do paciente a abandonar persoas cando xorden problemas entre eles. Por último, identificarase e axudarase ao paciente para que poida cambiar as súas crenzas irracionais e contradicións que se presenten nos seus esquemas sobre outras persoas e sobre si mesmo. Terapia cognitiva de Beck e Freeman (1990). Esta terapia consiste en pór no obxectivo da concentración do paciente o presente, marcando os obxectivos que se buscan coa terapia e animarlle para conseguilos. Terapia Racional Emotiva de Ellis (1962). consiste en discutir co paciente a súa necesidade de aprobación polo resto de persoas e as consecuencias que este feito leva a curto, medio e longo prazo. Ademais é necesario auxiliar ao paciente na distinción entre necesidade e desexo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Trastorno de personalidade Trastorno de personalidade antisocial
Bibliografía
Categoría:Trastornos de personalidade