Gonzalo Manuel Osorio, nado en Albaredo (Córneas, Baleira) no século XVIII e finado no século XIX, foi un xefe de alarmas galego.
Traxectoria Foi dono da casa de Albaredo na parroquia de Córneas, señor de Cuíñas e outras partes. Como xefe de alarma do partido de Castroverde durante a guerra da Independencia española, foi acusado de revolucionario e realizar unha convocatoria no lugar de Corveira, para xuntarse con outros xefes e propoñerlles negarse á obediencia á xunta Provincial e á Superior, así como oporse a que de ditas alarmas se quitase xente para o exército. Posteriormente cando se reuniron os xefes de alarma na cidade de Lugo para facer xuramento ás Cortes, propúxolles que debían tomar o mando das armas e alzarse co goberno do Reino de Galiza.
Notas
Categoría:Nados en Baleira Categoría:Nados no século XVIII Categoría:Finados no século XIX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Guerra da Independencia española