Manuel Villares Gómez, coñecido como Campa de Vilar de Ousón, nado en Becerreá cara a 1903 e finado en Lugo o 26 de agosto de 1938, foi un xornaleiro e político galego.

Traxectoria Veciño de Vilar de Ousón, parroquia de Cruzul. Militante do PCE, era directivo do PCE de Becerreá. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Procesado na causa 190/1937 por rebelión militar, foi xulgado en rebeldía en consello de guerra en Lugo o 18 de xaneiro de 1938 e condenado a pena de morte xunto con Manuel Fernández Núñez e Luis García Vázquez. Detido o 7 de abril de 1938, ingresou na cadea de Lugo o 15 de abril. Retomouse o seu proceso e foi xulgado o 3 de xuño por adhesión á rebelión. Confirmada a condena a pena de morte, foi executado en Lugo ás 7 h. do 26 de agosto de 1938 nas tapias do cuartel da Garda Civil. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en setembro de 1938,BOP Lugo, 8-9-1938, p. 1. e foi sancionado cunha multa de 100 000 pesetas en xuño de 1940.BOP Lugo, 19-6-1940, p. 1.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo Expediente de responsabilidade política nº 11/1938 de Manuel Villares Gómez

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Becerreá Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1938

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos