Adamson Alade-Bo Idris, nado en Londres o 2 de setembro de 1991, é un actor, emprendedor e produtor de cinema inglés máis coñecido como Damson Idris. O seu traballo máis recoñecido é o papel protagonista no drama criminal Snowfall, de John Singleton, estreado o 5 de xullo de 2017 e rematado en 2023 despois de seis tempadas. En 2021, actuou como coprotagonista no filme de acción Outside the Wire, de Netflix e en 2025 coma o condutor de Fórmula 1, Joshua Pearce, no filme de deportes F1.

Traxectoria Idris Naceu en Peckham, no sueste de Londres, nunha familia nixeriana descendente dos iorubas. É o máis novo de seis irmáns. Xogou ao rugby e ao fútbol, chegando a soñar con ser "o próximo Cristiano Ronaldo". En 2002, apertoulle a man á Raíña Isabel II cando o seu equipo participou no Xubileu de Ouro. Na meirande parte, os irmáns maiores de Idris, tres varóns e dúas mulleres, traballan en carreiras corporativas en lei, empresariais, e consultoría tecnolóxica, mentres que unha das súas irmás traballa coma o seu axente de relacións públicas. Idris estudou drama na Universidade Brunel de Londres. Graduouse en Teatro, Filme & Estudos Televisivos. En 2024, recibiu un premio para exalumnos pola Contribución Excepcional a Cultura e Creatividade. Despois de graduarse, Idris continuou o seu adestramento na IDSA (Identity School of Acting) en Londres xunto a outros actores como John Boyega, Letitia Wright, e Malachi Kirby.

Carreira como actor En Brunel, Idris coñeceu a actriz Cathy Tyson, quen o animou a coñecer a Ade Solanke e facer o casting para un rol na súa obra de teatro, A caixa de Pandora. Conseguiu o papel, asinou cun axente e comezou actuar en máis obras. Despois de actuar no National Theatre en Londres, Idris decidiu buscar rois na televisión e cine. Tivo varios traballos en series británica como pode ser Miranda (2013), Doctores (2015) e Casualty (2015).

O papel que levou a Idris ao éxito foi como Franklin Saint, un ambicioso traficante de 19 anos nos Ánxeles. Snowfall é unha serie de crime creada por John Singleton, a cal se estreou en xullo de 2017. A primeira temporada de Snowfall sitúase en 1983 cando Estados Unidos se atopaba na beira da epidemia do crack. A serie xunta as historias de varias perxonases cuxas vidas pronto se interrelacionan debido ás drogas. Idris fixo o casting por vídeo en Londres antes de voar a Os Ánxeles, onde pasou o día con Singleton, quen quixo estar seguro da mestría de Idris co acento. Para practicar o seu acento americano traballou co rapeiro WC, quen lle enseñou non só un acento auténtico mais tamén particularidades específicas do sur dos Ánxeles. Idris conseguiu boas recensións polo seu traballo; Malcolm Venable de TV Guide considerouno "nada menos que cativador". A segunda tempada de Snowfall, ambientada en 1984, estrouse en xullo de 2018.

Idris tivo o seu primeiro rol importante no cine en 2016 no filme británico de suspense City of Tiny Lights, protagonizando Riz Ahmed. En 2017, fixo o seu debut no cine americano en Megan Leavey ao lado de Kate Mara, quen ten o rol titular no filme de guerra. Idris tamén ten un rol como un axente de FBI no filme The Commuter (2018), con Liam Neeson; e protagonizou Farming, xunto a Kate Beckinsale. Farming é unha historia semi-autobiográfica actor británico e nixeriano Adewale Akinnuoye-Agbaje, quen dirixiu o filme. Idris ten o papel baseado en Akinnuoye-Agbaje, quen, como moitas persoas nixerianas a finais do século XX, foi deixado cunha familia branca no Reino Unido coas esperanzas dunha vida mellor. Beckinsale retrata a súa estrita nai adoptiva. En 2019, Damson gañou o Premio para o Mellor Actor nun Filme Británico no Festival de Filme de Edimburgo polo seu papel. Tamén aparece en "Smithereens," o segundo episodio da quinta temporada da serie de antoloxía Black Mirror.

En maio de 2017, Idris gañou o "Premio ao Talento Emerxente" na 12.ª edición dos Screen Nation Film and Television Awards en Londres.

En 2023, Idris converteuse no embaixador masculino da marca Tommy Hilfiger. O 12 de maio de 2025, foi anunciado que Idris protagonizará xunto con Anamaria Vartolomei o vindeiro filme Miles & Juliette, dirixido por Bill Pohlad.

Filmografía

Cinema Ano Título Papel Notas 2016 City of Tiny Lights Hakim 2017 Megan Leavey Michael Forman 2018 The Commuter Axente Denys Astral Jordan Farming Enitan 2021 Outside the Wire Lt. Thomas Harp 2025 F1 Joshua Pearce2027 Children of Blood and Bone Prince InanPosproduciónTBA Miles & Juliette Miles Davis

Televisión Ano Título Papel Notas 2013 Miranda Commuter Episodio: "A Brief Encounter" 2015 Casualty Leon James Episodio: "Heart Over Head" 2015 Doctors Krispin Northcote Episodio: "Surrogate Dad" 2017–2023 Snowfall Franklin Saint Elenco principal 2019 The Twilight Zone Dorian Harrison Episodio: "Replay" 2019 Black Mirror Jaden Tommins Episodio: "Smithereens"2023Swarm Khalid Episodio: "Stung"

Teatro Ano Title Papel Teatro Dramaturgo 2012 Khadija Is 18 Sam Finborough Theatre Shamser Sinha 2012 Pandora's Box Tope Arcola Theatre Ade Solanke 2013 Ghost Town Joe Pilot Theatre Jessica Fisher 2013 The DugOut Leo Tobacco Factory Theatre Amanda Whittington 2014 Hotel Other Royal National Theatre Polly Stenham

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Londres Categoría:Ingleses de ascendencia ioruba Categoría:Ingleses de ascendencia nixeriana Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Actores de cinema de Inglaterra