Perfecto Luís Souto Torres, coñecido como Perfecto Souto, nado en Pontevedra en 1965, é un escritor galego en lingua castelá.

Traxectoria

Mestre de formación, exerceu de fotógrafo e mergullador profesional, participando en proxectos de arqueoloxía submarina. Tamén foi funcionario de prisións e ten unha destadada traxectoria na Cruz Vermella do Mar, onde empezou aos 14 anos e chegou a ser xefe da sección naval. Forma parte do Equipo de Patrimonio Cultural Sumergido del Norte, creado pola Federación Española de Actividades Subacuáticas para colaborar na prospección do Norte de España. Autor de novela histórica, Stricta Fvnis é unha historia en dous tempos: a época actual e a época romana, o ano 217. A historia está baseada nun feito real, as escavacións que en 1988 levou a cabo o arqueólogo Antonio de la Peña na ponte do Burgo de Pontevedra. En Clarisa recrea misterios e historias arredor do convento de Santa Clara de Pontevedra.

Obras

Stricta Fvnis. En la cuerda floja (2022). Ediciones Letra de Palo. 510 páxs. ISBN 978-84-09-50181-6. Prólogo de Antonio de la Peña. Clarisa (2024). Libros del Futuro. 242 páxs. ISBN 978-84-127586-1-0. Prólogo de Xabier Fortes.

Notas

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en 1965