Olga Mikhajlovna Genkina (en ), nada o 22 de outubro de 1881 en Kaluga e falecida o 16 de novembro de 1905 en Ivánovo, foi unha militante revolucionaria comunista, afiliada ao Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia coñecida pola súa participación na Revolución de 1905 e como vítima dun brutal asasinato a mans de militantes fascistas.

Traxectoria Genkina naceu en Kaluga o 2 de outubro de 1881. O seu pai, de orixe xudía, traballaba como médico.

Da mesma maneira que moitas mozas de clases acomodadas da súa xeración, seducírona as ideas comunistas e afiliouse ao Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia en 1902.. O ano seguinte, casou con Yemelián Yaroslavski, quen participará na Revolución de Outubro de 1917 e será membro do Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética.

Olga Genkina estudou no Instituto Médico Feminino de San Petersburgo até ser expulsada deste en febreiro de 1904, ao ser descuberta en posesión dun libro revolucionario.

Isto lévaa a ser encarcerada por primeira vez, mais a súa familia paga unha fianza moi custosa para ceibala.

En 1905, o partido enviouna a Nizhni Nóvgorod co obxectivo de organizar a participación dos traballadores textís na revolución. É encarcerada outra vez, pero un levantamento popular que toma o control da prisión permítelle escapar.

En novembro do mesmo ano, con 24 anos e tras desobedecer as ordes do seu irmán, foi interceptada pola policía na estación de tren de Ivánovo, de camiño a Moscova, cunha maleta que contiña dez revólveres e munición que se lle encargou entregar a revolucionarios comunistas. Morreu após ser golpeada brutalmente despois do seu arresto (recibiu polo menos doce golpes na cabeza). O seu asasinato atribúese a miúdo ás Centurias Negras. Versións máis detalladas dos feitos mencionan que os policías se negaron a encarcerala como ela pedía, impedíronlle suicidarse cunha das armas que levaba, e entregárona á turba que a rodeaba (onde se atopaban membros das Centurias). Убийство Ольги Генкиной. Неизвестные подробности , ivanovonews.ru, 02/12/2021 Ольга Генкина просила арестовать ее и отправить в тюрьму , иваново37.рф, 02/12/2021 Os culpables nunca foron identificados.

Posteridade O linchamento de Olga Genkina aparece na película (Tovarišč Arsenij) de Ivan Lukinsky (1964).

Hai unha rúa en Nizhny Novgorod que ten o seu nome.

Ademais, leva o seu nome unha rúa de Ivanovo, e tamén un parque situado cerca do lugar do seu asasinato, no que se erixiu en 1977 un busto á súa efixie. Без прошлого мир пуст (судьба памятных мест города Иваново , arbir.ru Памятник “Молодым революционеркам текстильного края”, svodokn.ru

Unha enquisa realizada en 2015 tomada por trinta persoas de Ivanovo revela que as persoas maiores coñecen a Olga Genkina e a súa historia, mentres que é unha figura bastante descoñecida entre os mozos.

Notas

Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1905 Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de San Petersburgo