O pimpín azul de Gran Canaria (Fringilla polatzeki) é unha especie de ave paseriforme na familia dos frinxílidos. É un endemismo da illa de Gran Canaria.

Taxonomía A especie denomínase en honra do ornitólogo austríaco Johann Polatzek (1838–1927) que atopou a especie en 1905 nos piñeirais dos arredores de Mogán. Ese mesmo ano o ornitólogo alemán Ernst Hartert describiuna como nova subespecie (Fringilla teydea polatzeki) dentro da especie de Tenerife xa daquela coñecida F. teydea.

Ata o ano 2015, a especie Fringilla teydea comprendía dúas subespecies: Fringilla teydea polatzeki da illa de Gran Canaria e Fringilla teydea teydea da illa de Tenerife. Porén, un estudo publicado en marzo de 2016 polo holandés George Sangster mostrou que estaba xustificado facer unha clasificación en dúas especies separadas, polo que se creou Fringilla polatzeki, mentres que Fringilla teydea quedou como denominación da especie de Tenerife.

Descrición miniatura|Femia O pimpín azul de Gran Canaria lembra o pimpín común, e é de menor tamaño que o pimpín azul de Tenerife. Outras diferenzas son que teñen dúas franxas brancas nas ás, un ventre máis branco ou menos tons azuis. As femias son de cor marrón cincenta apagada.

Distribución Atópase nas zonas altas de Gran Canaria, principalmente na Reserva Natural de Inagua. O hábitat primario da especie son as montañas cubertas de bosques de piñeiros Pinus canariensis a uns 1.000 m de altura. É máis común nas áreas de bosques de coníferas con alta densidade de árbores vellas.

Comportamento

Come principalmene sementes de Pinus canariensis. Igual que o pimpín común, pero a diferenza da maioría dos outros pimpíns, as súas crías aliméntanse en gran medida de insectos. Reprodúcense desde finais de abril ata finais de xullo ou inicios de agosto, constrúen un niño con follas de piñeiro e pólas de Genistee e pon dous ovos. Non é unha ave migratoria. O éxito reprodutivo desta ave é baixo debido á predación, principalmente polos pícidos.

En perigo de extinción

O pimpín azul de Gran Canaria é unha das especies de aves en maior perigo de extinción no planeta.única A diferenza do pimpín azul de Tenerife, que ten unha distribución moito máis ampla e maior poboación, o pimpín azul de Gran Canaria ten unha poboación extremadamente pequena e está restrinxida á área de bosques de Ojeda, Inagua e Pajonales.

Está catalogada “en perigo de extinción” no Catálogo de Especies Ameazadas de Canarias e como especie prioritaria no Anexo I da Directiva de Aves 79/409/EEC. Está catalogada como en perigo no Catálogo Español de Especies Ameazadas (R.D. 139/2011, de 4 de febreiro). Foi obxecto de distintos plans de conservación a partir de 1991.Felipe Rodríguez y Ángel Moreno, "Pinzón azul de Gran Canaria", Libro Rojo de las Aves de España, (2004), p. 371

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Iñigo, L., & E, G.-del-R. (n.d.). Gran Canaria Blue Chaffinch Fringilla polatzeki. Gran Canaria blue chaffinch (Fringilla polatzeki) - birdlife species factsheet. Consultado o 19 de marzo de 2023, de http://datazone.birdlife.org/species/factsheet/gran-canaria-blue-chaffinch-fringilla-polatzeki/text Artigo: "The Blue Chaffinch of Gran Canaria Fringilla teydea polatzeki: what next?" Documental "El pinzón azul de Gran Canaria: biología y conservación del ave más amenazada de Canarias" (1995)

Categoría:Frinxílidos Categoría:Animais descritos en 1905