Ángel Arcos Cadilla, nado no Rosal o 18 de abril de 2006, e tamén coñecido como Angelito, é un futbolista galego que xoga como dianteiro e extremo dereito no Celta Fortuna de Primeira Federación. Foi, ademais, internacional coa Selección española de fútbol sub-19, igual que outros canteiráns celestes da súa promoción, coma Hugo Burcio ou Óscar Marcos.
Traxectoria Primeiros pasos Comezou a súa traxectoria na UD Ribera, equipo do seu concello natal, O Rosal. Con sete anos foi captado polo scouting do Celta, e foi progresivamente adestrando nas categorías inferiores do club olívico até que finalmente se incorporou á categoría de Alevín A.
Celta Fortuna Dende a tempada 2023-24, alternou convocatorias co equipo Xuvenil A e o Celta Fortuna, o filial do Celta. Na tempada 2024-25, aínda con ficha do Xuvenil, xogou a meirande parte dos partidos no grupo I da Primeira Federación co Celta Fortuna, disputando un total de 32 encontros e anotando 2 goles e 1 asistencia. Esta tempada 25-26, Ángel Arcos leva un total de 28 partidos oficiais con Fortuna, dous goles, e sete asistencias.
Actualidade Na, actualidade, Ángel Arcos xoga no Celta Fortuna. Debutou o 27 de novembro do 2025 co primeiro equipo, contra o Ludogoreths búlgaro, quedando 3-2 en contra. A convocatoria cos de Claudio Giráldez marcou un antes e un despois na carreira de Angelito, sobre todo nas redes. Na plataforma de TikTok, creouse unha conta fácendose chamar ÁngelArquismo, un mozo galego que sube contido na rede. Nos vídeos soe mencionar as convocatorias do adestrador celeste, queixándose das súas convocatorias. Outras contas, como Javiruedismo ou Larsenismo, tamén son contas deste estilo, dedicadas aos xogadores Javi Rueda e Larsen. Fanse chamar Celtismo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Hugo Burcio UD Ribera Ligazóns externas Ángel Arcos, talento feito na Madroa. Reportaxe na canle de youtube do Celta.
Categoría:Nados en 2006 Categoría:Nados no Rosal Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B