Gerardo Piñeiro Piñeiro, nado en Cespón (Boiro) o 27 de abril de 1917 e finado en Santiago de Compostela o 11 de outubro de 1937, foi membro da UGT e Agrupación Socialista de Boiro.

Traxectoria Labrego de profesión, naceu o na parroquia boirense de San Vicente de Cespón. Foi afiliado ás Xuventudes Socialistas de Boiro (A Coruña) así como membro do sindicato UGT e da Agrupación Socialista de Boiro.

Ao triunfar o Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido acusado de participar na resistencia armada á sublevación militar participando nun atentado contra unha farmacia en Beluso, na parroquia boirense de Bealo. Ingresou na prisión de Santiago de Compostela o 24 de agosto de 1936 sendo trasladado á da Coruña o 9 de outubro dese mesmo ano. Posteriormente, regresou á de Santiago de Compostela o 8 de maio de 1937.Tribunal Militar Territorial 4 | Santiago | Causa 289 de 1937, Caja 38

Foi condenado con pena de morte no Consello de Guerra celebrado o 2 de agosto dese mesmo ano, sendo executado en Santiago de Compostela o 11 de outubro de 1937 con Ramón Pazos Liñares e David Mariño Ramos.El Compostelano, 11-10-1937, p. 2. Días despois chegou a carta de absolución.

Na actualidade, os seus restos xacen no Cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela. Foi enterrado coa orde expresa de que non figurase o seu nome en ningunha lápida.

Recoñecementos O día 18 de agosto de 2021, no Concello de Boiro, levouse a cabo unha homenaxe á memoria de Gerardo Piñeiro Piñeiro coincidindo co día da Galicia Mártir, inscribindo o seu nome no Crómlech sito na rotonda de Cimadevila, porta de entrada ao termo municipal. Trátase dun monumento de homenaxe aos represaliados pola ditadura franquista.

No ano 2023, o Concello de Boiro inaugurou a Praza da Memoria cunha exposición ao aire libre en paneis que recollen imaxes e información de 22 persoas represaliadas polo franquismo, entre as que figura Gerardo Piñeiro Piñeiro. Os textos foron escritos por Xosé Deira Triñanes, ex alcalde de Boiro, e imaxes recompiladas por Antón Rodríguez Gallardo, historiador boirense. Vida persoal Foi o único fillo varón de José Benito Piñeiro Vila e Manuela Piñeiro Piñeiro, sendo tamén o máis vello da prole. Completan a árbore familiar Daria Piñeiro Piñeiro, Josefa Piñeiro Piñeiro, Benigna Piñeiro Piñeiro, Manuela Piñero Piñeiro e Sofía Piñeiro Piñeiro. Casou con Elisa Cespón Piñeiro con quen tivo un fillo, Tomás Piñeiro Cespón.

Ademais, é tío-avó de Blas García Piñeiro, militante socialista e actual alcalde do Concello de Ames. Fillo de Sofía Piñeiro Piñeiro, a irmá máis pequena de Gerardo Piñeiro Piñeiro, e Ramón García Cid. Notas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia

Categoría:Sindicalistas de UGT Galicia Categoría:Políticos de Galicia do PSOE Categoría:Nados en 1917 Categoría:Nados en Boiro Categoría:Finados en 1937