Alberto Valín Fernández, nado en Lugo o 12 de decembro de 1953, é un historiador e escritor galego.

Traxectoria Naceu na cidade de Lugo o 12 de decembro de 1953, residindo, dende os once anos na Coruña. Licenciouse na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, pasando pouco despois a depender, academicamente, da Universidade de Zaragoza, onde levou a cabo as correspondentes defensas das súas teses de licenciatura e tese de doutoramento, obtendo nestes dous traballos de investigación a máxima puntuación "cum laude", publicándoas, máis tarde, integramente.

É autor de numerosos libros de índole diversa: planificación sanitaria, historia social e das ideas, politicoloxía e historia da educación. O seu currículo posúe tamén unha numerosa cantidade de relatorios presentados a congresos internacionais e nacionais, capítulos de libros e numerosos artigos en revistas especializadas tanto nacionais como estranxeiras, así como tamén en xornais diarios.

Dende 1991 é profesor na Facultade de Historia da Universidade de Vigo (España). Colaborou como profesor e codirector de investigacións, entre 1995 e 2018, na Universidade do Franco Condado - Besanzón (Francia).

Como poeta, deseñador gráfico e fotógrafo utilizou e utiliza os seguintes pseudónimos: Valaberto, Vincenzo Fontanarossa e Xan da Ponte.

Obras Algunhas das súas obras son: La Masonería y La Coruña. Introducción a la historia de la masonería gallega. Vigo (Pontevedra), Edicións Xerais de Galicia, 1984. 336 páxs. Galicia y la masonería en el siglo XIX. Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 1990 (1ª ed.). 676 páxs.; 1991 (2ª ed.). 678 páxs. Laicismo, educación y represión en la España del siglo XX. (Ourense, 1909-1936/39). Sada (A Coruña), 1993. 324 páxs. Masonería y revolución. Del mito literario a la realidad histórica. Santa Cruz de Tenerife, Ediciones Idea (1ª e 2ª edición, tanto en soporte papel como en soporte dixital), 2008. 316 págs. Marston Gate, (Inglaterra, Gran Bretaña), Amazon.co.uk,Ltd., 2013 (3ª edición, tanto en soporte papel como en soporte dixital). 320 páxs. La sociabilidad en la historia contemporánea. Reflexiones teóricas y ejercicios de análisis. (Alberto Valín, director). Ourense, Duen de Bux, 2001. Dossier: Los estudios sobre la historia de la masonería hoy. (Alberto Valín, coordinador). Stvdia Historica. Historia Contemporánea. Vol. 23. 2005. Salamanca. Ediciones Universidade de Salamanca, 2006. Masonería y conspiración liberal en España. A Coruña, un ejemplo primordial y paradigmático, Oviedo (Asturias). Editorial MASONICA (Masonica.es), 2024. 492 páxs. Galicia y la masonería en el siglo XIX. Conspiración liberal, laicismo, galleguismo regionalista y protofeminismo, Ribadeo (Lugo), EOditorial Publicaciones, 2024. 606 páxs. Masonería, política y laicismo en la España del siglo XX. El arquetípico ejemplo ourensano. Santa Cruz de Tenerife, Ediciones Idea, 2024. 426 páxs.

Foi tamén comisario de varias exposicións, entre elas cómpre salientar a que tivo lugar no Quiosco Alfonso da Coruña durante o verán de 1996, titulada Masonería Universal. Una forma de sociabilidad. “Familia galega” (1814-1996), co seu correspondente catálogo e que, reformada, mostrouse tamén en Vigo (Pontevedra), Cádiz, etc.

Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1953 Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Historiadores de Galicia