miniatura|Canción e chamada. A especie piacobra boreal (Geothlypis trichas) é un paxaro da familia dos parúlidos. Reprodúcese abundantemente en América do Norte, desde o sur do Canadá ao centro de México. O nome do xénero Geothlypis procede do grego antigo geo, "chan", e thlupis, un pequeno paxaro non identificado; a terminación "-thlypis" foi moi usada nos nomes científicos de especies de parúlidos. O adxectivo específico trichas tamén vén do grego, de trikhas, un tipo de tordo, palabra que deriva de trikhos, 'pelo'.
Descrición miniatura|Piacobra boreal (co nome "Yellow-breasted Warbler") en The Birds of America de J. J. Audubon
O piacobra boreal é un pequeno paxaro canoro de dorso, ás e cola de cor oliváceo, gorxa e peito amarelos e ventre branco. Os machos adultos teñen unha máscara negra na face que se estende desde ambos os lados do pescozo aos ollos e fronte, que ten un bordo por arriba de cor branca ou gris. As femias son de aparencia similar, pero con partes inferiores máis claras e carecen da máscara negra. Os inmaturos son similares ás femias adultas. Os machos dun ano teñen unha máscara negra esvaída, que se vai escurecendo ata ser negra intensa en primavera.
Medidas: Lonxitude: 11-13 cm Envergadura: 15-19 cm Peso: 7,6-15,5 g
Subespecies
A especie comprende 13 subespecies aceptadas. Estas diferéncianse principalmente nos debuxos faciais dos machos e na brillantez das partes amarelas. A subespecie do suroeste é a máis brillante e a máis amarela pola parte inferior. Geothlypis trichas trichas (Linnaeus, 1766) Geothlypis trichas typhicola Burleigh 1934 Geothlypis trichas ignota Chapman, 1890 Geothlypis trichas insperata Van Tyne, 1933 Geothlypis trichas campicola Behle & Aldrich, 1947 Geothlypis trichas arizela Oberholser, 1899 Geothlypis trichas occidentalis Brewster, 1883 Geothlypis trichas sinuosa Grinnell, 1901 Geothlypis trichas scirpicola Grinnell, 1901 Geothlypis trichas chryseola Van Rossem, 1930 Geothlypis trichas melanops S. F. Baird, 1865 Geothlypis trichas modesta Nelson, 1900 Geothlypis trichas chapalensis Nelson, 1903
Comportamento
Reprodúcense en marismas e outras áreas húmidas con vexetación densa baixa. Poden atoparse tamén noutras áreas con arbustos densos e é menos común atopalos en áreas secas. As femias parecen preferir machos con máscaras máis grandes. O piacobra boreal pon de 3 a 5 ovos nun niño cupuliforme. Ambos os pais alimentan as crías.
As subespecies do norte son migradoras nocturnas, que invernan na parte sur da área de reprodución, América Central e as Antillas Menores. As formas do sur son fundamentalmente residentes. Esta especie é un vagante moi raro no oeste de Europa.
Comen insectos, que collen normalmente en zonas de vexetación densa, pero que ás veces capturan no aire. miniatura|esquerda|Femia cunha eiruga.
A canción do piacobra boreal é un son alto de tipo tuicheti tuicheti tuicheti tuich. A súa chamada é un suave yip. miniatura|esquerda|Macho cantando. miniatura|Vídeo dun macho cantando.
Poboación Malia estar en declive, o cal se debe á perda dos seus hábitats favoritos, esta especie é aínda moi común.
Migración As rutas de migración varían dependendo da estación e localización dos piacobras boreais. Durante a migración de outono, de agosto a outubro, os exemplares do Canadá, e do oeste, leste e centro dos Estados Unidos, e das rexións fóra dos Estados Unidos teñen cada unha rutas de migración propias. Cando migran nos meses de outono, todos os adultos e inmaturos tenden a chegar aos seus destinos migratorios aproximadamente ao mesmo tempo. As diferenzas no tempo e rutas de migración tamén se ven nos meses de primavera desde principios de febreiro ata finais de maio neses mesmos grupos a través dos Estados Unidos, o Canadá, e outras áreas. Porén, os machos xeralmente chegan ao seu destino antes que as femias durante a migración de primavera. Durante as migracións de outono e primavera, moitos exemplares pasan un tempo descansando durante un período de escala na súa viaxe. Algúns individuos permanecen nos sitios de escala varias semanas ou meses mentres que outros pasan alí só uns poucos días antes de continuaren a súa migración cara ao destino final.
Un lugar de estudo da migración desta especie especialmente salientable é a illa Appledore, Maine. As aves migran a esta illa durante a primavera seguindo distintos padróns de movemento e ecoloxía de facer escala. A análise da migración de abril a xuño serviu para determinar os padróns de migración e o tempo que pasaban descansando na illa antes de continuaren a viaxe. As aves que retornan por máis dunha segunda vez chegan antes que as que migran á illa por primeira vez. Todos os anos, os machos adoitan chegar á illa como media cinco días antes do que as femias e pesan máis que as femias no momento da chegada. Unha posible explicación para a chegada antes dos machos a esta illa é a necesidade dos machos de estableceren territorios antes da chegada das femias. Isto podería darlles un mellor acceso a recursos e unha maior probabilidade de atopar unha femia. Porén, ambos os sexos pasan aproximadamente unha semana na illa antes de partiren.Battagli, K.A., Morris, S.R., Pusateri, C.R. 2003. "Spring migration and stopover ecology of common yellowthroats on Appledore Island, Maine". The Wilson Bulletin. 115: 64–72.
A migración destas aves na Florida foi tamén moi estudada. Alí poden encontrarse con máis frecuencia na rexión peninsular do sur en vez de na rexión da costa do Golfo do norte da Florida máis preto do resto dos Estados Unidos. O pico de migración nesta rexión é das últimas semanas de setembro ata a segunda semana de outubro. Non se sabe moito máis sobre a migración de primavera na Florida, mais os padróns parecen similares aos da migración de outono.Taylor, W.K. 1976. "Migration of the common yellowthroat with an emphasis on Florida". Bird-Banding. 47: 319–332.
Cómpre facer máis estudos para comprendermos os padróns migratorios específicos do piacobra boreal noutras partes dos Estados Unidos.
Ecoloxía Os niños do piacobra boreal están sometidos a parasitismo de posta polo Molothrus ater.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Teses
Ball RM, Jr. Ph.D. (1990). The phylogeography of avian species: Observations and expectations. University of Georgia, United States, Georgia. Boarman WI. Ph.D. (1992). The evolution of avian song: A study of the impact of sound propagation on animal communication. Rutgers The State University of New Jersey - New Brunswick, United States, New Jersey. Brown BT. Ph.D. (1987). Ecology of riparian breeding birds along the Colorado River in Grand Canyon, Arizona. The University of Arizona, United States, Arizona. Chmielewski A. M.S. (1992). The effects of right-of-way construction through forest interior habitat on bird and small mammal populations and rates of nest predation. State University of New York College of Environmental Science and Forestry, United States, New York. Cooper TR. Ph.D. (2005). Grassland and woodland bird occurrence and habitat selection in the prairie-forest transition zone of Minnesota. South Dakota State University, United States, South Dakota. Garvin JC. Ph.D. (2006). Male ornaments, extra-pair mating, and immunocompetence in the common yellowthroat. The University of Wisconsin - Milwaukee, United States, Wisconsin. Hofslund PB. Ph.D. (1954). A LIFE HISTORY STUDY OF THE YELLOW-THROAT, GEOTHLYPIS TRICHAS. University of Michigan, United States, Michigan. Hull SD. Ph.D. (2002). The relationships among vegetative structure, arthropod populations, and grassland bird abundance and reproductive success on wildlife production areas in Ohio. The Ohio State University, United States, Ohio. Klicka JT. M.S. (1994). The biological and taxonomic status of the Brownsville yellowthroat (Geothlypis trichas insperata). Texas A&M University - Kingsville, United States, Texas. Klimstra JD. M.S. (2003). Using banding data to assess the use of 100-meter-wide habitat corridors by breeding landbirds, in an intensively managed pine landscape. North Carolina State University, United States, North Carolina. McCoy TD. Ph.D. (2000). Effects of landscape composition and multi-scale habitat characteristics on the grassland bird community. University of Missouri - Columbia, United States, Missouri. Moorman CE. Ph.D. (1999). Relationships between artificially created gaps and breeding birds in a southeastern bottomland forest. Clemson University, United States, South Carolina. Morimoto DC. Ph.D. (1989). Avian community structure and habitat relationships in the southeastern Massachusetts pine barrens. Boston University, United States, Massachusetts. Negus LP. M.S. (2006). Grassland bird response to disking/interseeding of legumes in conservation reserve program lands in northeast Nebraska. Oklahoma State University, United States, Oklahoma. Pagenkopp K. M.S. (2006). Using parasite lineages to track the migratory patterns of the common yellowthroat (Geothlypis trichas). The American University, United States, District of Columbia. Skaley JE. Ph.D. (1981). CLASSIFYING AVIAN HABITAT WITH AERIAL PHOTOGRAPHS. Cornell University, United States, New York. Witt JW. Ph.D. (2005). Shrub and grassland birds at Occoquan Bay National Wildlife Refuge in northern Virginia and the influence burning and mowing has had upon their distribution and abundance. George Mason University, United States, Virginia. Woodrey MS. Ph.D. (1995). Stopover behavior and age-specific ecology of neotropical passerine migrant landbirds during autumn along the northern coast of the Gulf of Mexico. The University of Southern Mississippi, United States, Mississippi.
Artigos
Abroe B, Garvin JC, Pedersen MC, Whittingham LA & Dunn PO. (2007). Brood sex ratios are related to male size but not to attractiveness in common yellowthroats (Geothlypis trichas). Auk. vol 124, no 1. pp. 176–184. Allen JC, Krieger SM, Walters JR & Collazo JA. (2006). Associations of breeding birds with fire-influenced and riparian-upland gradients in a longleaf pine ecosystem. Auk. vol 123, no 4. pp. 1110–1128. Ball RM, Jr. & Avise JC. (1992). Mitochondrial DNA phylogeographic differentiation among avian populations and the evolutionary significance of subspecies. Auk. vol 109, no 3. pp. 626–636. Barrowclough GF & Corbin KW. (1978). Genetic Variation and Differentiation in the Parulidae. Auk. vol 95, no 4. pp. 691–702. Bledsoe AH. (1988). A Hybrid Oporornis-Philadelphia X Geothlypis-Trichas with Comments on the Taxonomic Interpretation and Evolutionary Significance of Intergeneric Hybridization. Wilson Bulletin. vol 100, no 1. pp. 1–8. Bock CE, Bock JH & Bennett BC. (1995). The avifauna of remnant tallgrass prairie near Boulder, Colorado. Prairie Naturalist. vol 27, no 3. pp. 147–157. Brown BT. (1994). Rates of brood parasitism by brown-headed cowbirds on Riparian Passerines in Arizona. Journal of Field Ornithology. vol 65, no 2. pp. 160–168. Brown BT & Trosset MW. (1989). Nesting-Habitat Relationships of Riparian Birds Along the Colorado River in Grand Canyon Arizona USA. Southwestern Naturalist. vol 34, no 2. pp. 260–270. Buffington JM, Kilgo JC, Sargent RA, Miller KV & Chapman BR. (2000). Effects of restoration techniques on breeding birds in a thermally-impacted bottomland hardwood forest. Ecological Engineering. vol 15, p. S115-S120. Bump SR. (1986). Yellow-Headed Blackbird Xanthocephalus-Xanthocephalus Nest Defense Aggressive Responses to Marsh Wrens Cistothorus-Palustris. Condor. vol 88, no 3. pp. 328–335. Cohrs D, Cohrs D & Hodges MF, Jr. (1994). Partially albinistic common yellowthroat banded in Mcintosh County, Georgia. Oriole. vol 59, no 4. pp. 102–103. Collins SL, James FC & Risser PG. (1982). Habitat Relationships of Wood Warblers Parulidae in Northern Central Minnesota USA. Oikos. vol 39, no 1. pp. 50–58.