O miñato de bico amarelo (Milvus aegyptius) é a especie de accipítrido afrotropical correspondente ao miñato negro (Milvus migrans), do cal é considerado por moitos autores unha subespecie. Porén, os estudos de ADN indican que o miñato de bico amarelo difire significativamente do miñato negro do clado eurasiático, e debería considerarse unha especie separada alopátrica.

Taxonomía O miñato de bico amarelo foi descrito formalmente en 1788 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin na súa edición revisada e ampliada da obra de Carl Linnaeus Systema Naturae. Especificou que o paxaro se atopara en Exipto, situouno entre as aguias, falcóns e emparentados no xénero Falco e acuñou para el o nome binomial Falco aegyptius. Gmelin non citou a fonte da súa información, cousa pouco habitual nel. Agora esta especie é un dos miñatos situados no xénero Milvus, que foi introducido en 1799 polo naturalista francés Bernard Germain de Lacépède. A numeración das páxinas empeza por 1 en cada unha das tres seccións.

Hai dúas subespecies: Imaxe Subespecies Distribución120px M. a. parasitus (Daudin, 1800) Atopado na maior parte da África subsahariana (incluíndo Madagascar), excepto na Cunca do Congo (con migracións intraafricanas).120px M. a. aegyptius (Gmelin, JF, 1788) Exipto, suroeste de Arabia e Corno de África (dispérsase polo sur durante a estación non reprodutora).

O miñato de bico amarelo era antes considerado conespecífico do miñato negro (Milvus migrans) e era tratado como subespecie. Un estudo de filoxenética molecular publicado en 2005 comparou as secuencias de ADN de dous loci mitocondriais dos miñatos real, negro e de bico amarelo. Encontrou que había unha divexencia significativa entre as tres especies, pero, inesperadamente, os dous clados correspondentes ás subespecies M. a. aegyptius e M. a. parasitus non formaban un grupo monofilético.

Descrición

Como o seu nome indica, é fácil de recoñecer polo seu bico completamente amarelo, o que o diferencia do miñato negro (que está presente en África como visitane durante o inverno do hemisferio norte). Porén, os miñatos de bico amarelo inmaturos lembran os miñatos negros da súa mesma idade.

Hábitat e alimentación

Viven en case todos os hábitats, incluíndo parques nas periferias das cidades, pero son raros nas terras áridas do Namib e o Karoo. Aliméntanse dunha ampla variedade de pequenos vertebrados e insectos, moitos dos cales os rebuscan.

Conservación

É principalmente un migrante intraafricano, presente en Suráfrica de xullo a marzo e ás veces ata maio. Xeralmene é común e a IUCN non indica que haxa ameazas para esta especie.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Yellow-billed kite - Texto da especie en The Atlas of Southern African Birds

Categoría:Accipítridos Categoría:Aves de África Categoría:Animais descritos en 1788 Categoría:Taxons descritos por Johann Friedrich Gmelin