O miradoiro de Cabezoás é un punto de observación localizado na Ribeira Sacra, no concello ourensán de Parada de Sil. É un dos principais miradoiros do canón do Sil.
Descrición O miradoiro localízase a carón da estrada, e oferta unha visión panorámica do meandro coñecido coma Coto das Boedas, un dos puntos máis profundos do canón. Aséntase sobre unha rocha de seixo de máis de 700 metros de altitude.
Conta cunha pasarela de madeira que termina nunha plataforma con vistas ao río, arrodeada da vexetación propia da zona como castiñeiros, carballos e uceiras.
Notas
Categoría:Miradoiros Categoría:Parada de Sil