O crioulo de Antiga e Barbuda (cuxo endónimo é Raa bak ou Aanteegan an' Baabyuudan) é unha lingua crioula baseada no inglés que xurdiu do contacto entre falantes das linguas kwa e falantes de inglés nas illas de Antiga e Barbuda e nas Antillas Menores. Fálase de forma nativa en Antiga e Barbuda, Saint Kitts e Nevis, Anguila, Montserrat e algunhas aldeas de Dominica. O crioulo de Antiga e Barbuda é a lingua máis falada en dous países independentes e unha das linguas máis faladas no Caribe oriental. A lingua ten aproximadamente 150.000 falantes nativos.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Linguas de Antiga e Barbuda Categoría:Linguas crioulas e pidgins de base inglesa