Jesús Álvarez Aguado, nado en Zaragoza o 17 de novembro de 1999, é un futbolista español que xoga no Huesca, da Segunda División. Xoga principalmente como centrocampista defensivo, pero tamén pode ocupar a posición de defensa central.
Traxectoria Formado nas canteiras da UD Montecarlo e do Real Zaragoza, debutou co filial deste o último na Segunda División B o 28 de outubro de 2017, nunha derrota por 2-1 ante o Atlético Saguntino.
En xullo de 2020 fichou polo Calahorra, co que xogou na Segunda B primeiro e logo na nova Primeira Federación, categoría esta última na que militou durante catro anos consecutivos, vestindo ademais as camisetas da Cultural Leonesa e o Ibiza.
O 1 de xullo de 2025 anunciouse a súa fichaxe polo Huesca, da Segunda División. Debutou na categoría de prata o 17 de agosto, saíndo como titular nun empate 1-1 na casa contra o Leganés.
Notas
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Zaragoza B Categoría:Xogadores do CD Calahorra Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores do SD Huesca