Walter Herbert Rich, nado en Portland, Maine, o 12 de outubro de 1866 e finado o 19 de outubro de 1949, foi un debuxante, pintor da natureza e deseñador de moedas estadounidense.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Walter Herbert Rich naceu en Portland en 1866.Smith, P. (2012). Comezou a debuxar e a pintar desde a súa infancia e formouse nestas artes dun xeito autodidacta, centrando o seu foco de interese na ornitoloxía e na fauna mariña."Of a Feather: Works by Walter H. Rich". Zillman Art Museum University of Maine (zam.umaine.edu).
Rich cursou os seus estudos de secundaria na Portland High School, onde se graduou en 1885."Rich, Walter (1866 - 1948)". Maine State Library (Maine.gov).
Carreira artística e profesional miniatura|esquerda|285x285px|Portada da obra de Rich Feathered game of New England (1908).Rich, W. H. (198). Feathered game of New England. Harrap & Co., Londres.
Xa na súa madureza traballou durante dúas décadas como axente da Oficina de Pesca dos Estados Unidos en Portland, desde 1913 ata a súa xubilación en 1936, aos 70 anos. Durante eses anos foi tamén curador do Museo da Sociedade de Historia Natural de Portland.
Na súa carreira artística cómpre salientar as súas ilustracións publicadas en varias publicacións sobre especies de peixes, entre elas Fishes of New England - The Salmon Family ("Peixes de Nova Inglaterra: a familia do salmón), de W. C. Kendall. Un dos seus traballos máis recoñecidos foi a autoría e a ilustración do libro Feathered Game of the Northeast ("Aves de caza do nordés"), publicado en Nova York en 1907,Rich, W. H. (1907). Feathered Game of the Northeas. Crowell & Co., Nova York. e o ano seguinte Feathered game of New England, publicado en Londres. En 1947 publicou un terceiro libro, titulado The Swordfish and Swordfishery of New England ("O peixe espada e a súa pesca en Nova Inglaterra"), editado pola Portland, Society of Natural History.
Un crítico de The Nation escribiu en 1908 que Rich era digno de felicitación por ser «non só estudoso e coleccionista de material sobre o que escribe, senón tamén o artista».
Á marxe das ilustracións de vida salvaxe, Walter H. Rich foi contratado como deseñador da moeda de medio dólar conmemorativa do Tricentenario do Condado de York, Maine, en 1936, na súa condición de artista local."1936 York County Tercentenary Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com"½ Dollar York County, Maine Tercentenary". Numista.com
Walter Herber Rich finou o 19 de outubro de 1949, os 83 anos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Smith, P. (2012). "Rich, Walter H.". En American Numismatic Biographies. Páxina 358.
Ligazóns externas
Fotografía do día da súa graduación: "Walter H. Rich, Portland, 1885". Maine Memory Network. Correspondencia de Walter H. Rich. Digital Maine Repository
Categoría:Nados en Maine Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Debuxantes Categoría:Pintores dos Estados Unidos de América Categoría:Naturalistas