José Luis Nieto Gamero, nado en Marbella (provincia de Málaga) cara a 1940, é un avogado e político español da Unión de Centro Democrático.
Traxectoria Formado en Dereito pola Universidade Nacional de Educación a Distancia e pola Universidade de Sevilla, foi o primeiro alcalde de El Gastor elixido democraticamente tras a morte de Francisco Franco, cargo que ocupou de 1979 a 1983, cando foi sucedido por Antonio Roldán Fuentes do PSOE.
Vida persoal A súa nai é María Luisa Gamero. Ten unha irmá, Joaquina Nieto Gamero, e é o pai do pianista José Luis Nieto.
Notas
Categoría:Nados en Marbella Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Alumnos da Universidade de Sevilla Categoría:Políticos de Andalucía Categoría:Alcaldes de El Gastor