Giorgia Gargano, nada en Oppido Mamertina, Calabria, o 18 de xullo de 1970, é unha numismática e arqueóloga italiana.

Traxectoria

Formación Giorgia Gargano licenciouse en Literatura na Universidade La Sapienza de Roma, cunha tese de graduación baseada na numismática grega e romana, e logo especializouse en Arqueoloxía Clásica na Universidade de Lecce en 2002, cun traballo sobre numismática grega. Posteriormente, acadou un diploma anual de especialización en Educación Museística na Universidade de Ferrara, e outro de carácter bianual de posgrao en educación secundaria na Universidade de Calabria.Curriculum vitae et studiorum di Giorgia Gargano. Trasparenza.tinnservice.com.

Traxectoria profesional e académica Entre 1999 e 2014 traballou como arqueóloga de xeito autónomo, tanto para o Estado italiano como para entidades privadas, e encargouse da coordinación de escavacións no sitio arqueolóxico itálico-romano da antiga Tauriana, nas necrópoles grecorromanas de Via Cesare Battisti en Messina, na zona do santuario da época grega de Hipponione e no asentamento e as necrópoles romanas de Metauros.

Desde 2014, Gargano é profesora de Literatura no ensino secundario por oposición, e compaxina este traballo coa súa dedicación aos estudos numismáticos e á actividade museística. Nos trienios 2014-2017 e 2020-2022, o Ministerio de Bens Culturais e Actividades e Turismo de Italia nomeouna inspectora honoraria do patrimonio numismático de Calabria,"Georgia Gargano". Academia.edu e en novembro de 2018 converteuse en membro do Comité Científico Numismático dos Museos de Calabria.

Desde o inicio da súa carreira de Arqueoloxía, dedicouse de xeito independente ao estudo, a inventariación e a catalogación de achados numismáticos procedentes de escavacións e coleccións museísticas. Este labor deu lugar a varias das súas principais publicacións.

De 2019 a 2024, Gargano foi ademais concelleira de Cultura e Educación Pública do municipio de Lamezia Terme.Città di Lamezia Terme, Giorgia Gargano. Citta'Di Lamaezia Terme (Trasparenza.tinnvision.cloud).

Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos da traxectoria de Giorgia Gargano:

(2012). La numismatica secondo Vito Capialbi nella Calabria dell’Ottocento (con E. Arslan). Laruffa Editore

(2015). Museo archeologico nazionale di Reggio Calabria. Il medagliere. Vol. I: Storia, consistenza, tesoretti e rinvenimenti da Reggio e territorio (con S. Pennestrì). Portale Numismatico dello Stato, Roma. (2015). Museo archeologico nazionale di Reggio Calabria. Il medagliere. Le collezioni minori e la raccolta dell'ex museo civico (con S. Pennestrì). Portale Numismatico dello Stato, Roma.

Notas

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Calabria Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Arqueólogos de Italia Categoría:Alumnos da Universidade Sapienza de Roma Categoría:Personalidades sen imaxes