A fosfodiesterase tipo 5 específica de guanosín monofosfato cíclico ou fosfodiesterase 5AHGNC PDE5A (PDE5A) é un encima () da clase das fosfodiesterases. Atópase en varios tecidos, principalmente nos corpos cavernosos do clítoris e do pene, así como na retina, células do colon e outros tecidos. Descubriuse recentemente que ten un papel vital no sistema cardiovascular.

Os isocimas fosfodiesterase (PDE), petencen a unha gran familia de nucleótido cíclico fosfodiesterases que catalizan a hidrólise de AMPc e GMPc.

O interese nas PDEs como dianas moleculares da acción farmacolóxica aumentou co desenvolvemento de inhibidores da PDE selectivos de isocima que ofrecen unha potente inhibición dos isocimas seleccionados sen os efectos secundarios atribuídos a inhibidores non selectivos como a teofilina.

Os medicamentos sildenafilo, vardenafilo, tadalafilo e avanafilo son inhibidores da PDE5 que son significativamente máis ptentes e selectivos que outros inhibidores da PDE5 máis antigos como o zaprinast.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Inhibidor da PDE5 Fosfodiesterase Icariína

Ligazóns externas Pfizer Pharmaceutical New Scientist artigo sobre o Viagra e o "punto G" feminino

Categoría:Inhibidores da PDE5 Categoría:Hidrolases