Juan Antonio Álvarez Diéguez, nado en Verín cara a 1903 e finado en Ourense o 17 de xuño de 1937, foi un político galego.

Traxectoria Empregado na casa comercial de Lino García Vázquez en Verín. Foi nomeado concelleiro de Verín por Izquierda Republicana en marzo de 1936.El Pueblo Gallego, 21-3-1936, p. 12.. miniatura|Verín, en lembranza dos fusilados o 17/6/1937 Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na Prisión Provincial de Ourense o 22 de agosto.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 896 Xulgado en Ourense por rebelión militar o 22 de maio de 1937 xunto con Carlos Reino Caamaño, Manuel Cadavid García, Luis Álvarez Losada, Ernesto Ramos Méndez, Ramón Quintas González, Constantino Gago Gago, Manuel Sola Pareja, Enrique José Cardoso Gandosa, Adolfo Iglesias Rodríguez, Sixto Salgado Fariñas, Manuel Cabido Rodríguez, Ricardo González González, Eduardo Gago Fernández, Pedro Justo Castro, Gerardo Rodríguez Barja, Lino García Vázquez, Gregorio Barreira Martínez, Sergio Pérez Díaz, José Pérez Delgado, José Sola Pareja, Celso Blanco Castro e Francisco Vaz Álvarez,El Pueblo Gallego, 23-5-1937, p. 2. foi sentenciado a pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 17 de xuño de 1937 con outras cinco persoas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Represión franquista Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 en Galicia Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Juan Antonio Álvarez Diéguez

Categoría:Concelleiros de Verín Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Verín Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Fusilados