Pere Milla Peña, nado en Lleida o 23 de setembro de 1992, é un futbolista catalán que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Espanyol da Primeira División.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Unió Esportiva Lleida. Tras a disolución deste club, foi traspasado ao Club Lleida Esportiu, equipo co que debutou durante a Segunda División B 2011/12. O 11 de xuño de 2014 asinou polo Getafe Club de Fútbol, sendo asignado ao filial. Estreouse co primeiro equipo o 14 de xaneiro de 2015, nun partido da Copa do Rei 2014/15 contra o Almería.
O 20 de xullo de 2015, Milla asinou un contrato dun ano co Logroñés. Durante esta tempada anotou 18 goles, naquel momento o máximo na súa carreira. O 20 de xuño de 2016 fichou polo Eibar na máxima categoría, sendo cedido en agosto dese mesmo ano ao UCAM Murcia da Segunda División. O 22 de abril de 2017 conseguiu o seu primeiro gol profesional nun encontro contra o Girona.
O 6 de xullo de 2017 comezou unha nova cesión co Numancia. Regresou ao Eibar para a Primeira División 2018/19. O seu debut na máxima categoría tivo lugar o 24 de agosto de 2018 nun partido contra o seu antigo equipo, o Getafe. O 15 de xuño de 2019 asinou polo Elche Club de Fútbol na segunda categoría. O 23 de agosto de 2020, Pere Milla anotou o gol decisivo nun partido de promoción de ascenso contra o Girona, contribuíndo ao regreso do Elche á máxima categoría tras cinco anos.
O 18 de outubro de 2020, Milla anotou o seu primeiro gol na Primeira División ante o Deportivo Alavés. O 15 de agosto de 2023 fichou polo Espanyol, acabado de descender á Segunda División. Xa de volta na máxima categoría, durante a tempada 2024/25 foi decisivo o gol de Milla nun partido contra a UD Las Palmas que certificaba a salvación do Espanyol.
Traxectoria internacional Pere Milla é internacional coa Selección de fútbol de Cataluña. O 25 de marzo de 2019 xogou nun partido amigábel de Cataluña contra Venezuela no estadio de Montilivi, que finalizou cun 2-1 a favor do conxunto catalán. En maio de 2022, o seleccionador Gerard López convocouno para un partido contra Xamaica, tamén en Montilivi, que resultou nunha vitoria de Cataluña por 6-0.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Pere Milla en BDFutbol Pere Milla en LaPreferente.com Pere Milla en Soccerway
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña Categoría:Xogadores do Lleida Esportiu Categoría:Xogadores do Getafe CF B Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do Logroñés CF Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores do UCAM Murcia Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Nados en Lleida