Arrhythmia é un grupo musical que mestura metal, rap e electrónica en galego con orixe en Lugo. Recoñecidos cos Premios Martín Códax da Música no 2018 na sección de metal. Alberto Busto Pardo (voz e guitarra) e Emilio Caballero (guitarra) fundaron o grupo no 2006. Máis tarde incorporáronse Alejandro Maciñeiras (baixo) e Paco Carballeda (batería), con colaboracións esporádicas de David Taboada ao teclado.
Discografía
III (2012) II (2016) A forza da Razón con Rebeliom do Inframundo (2017) A Cea dos Malditos con Pepo de Desakato (2018) Voltarán (2019)
Notas
Categoría:Grupos musicais de Lugo Categoría:Grupos musicais en galego