Jaime Casas Pla, nado en Barcelona o 22 de xullo de 1945, é un farmacéutico, óptico, profesor universitario, escritor e numismático catalán.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Jaime Casas Pla naceu o 22 de xullo de 1945 en Barcelona. Cursou estudos superiores de Farmacia na Universidade de Barcelona, e especializouse en Farmacia Galénica e Industrial. Na mesma universidade acadou o seu doutoramento cunha tese itulada Farmacia en Numismática. Ademais, é diplomado en Óptica Oftálmica, Xestión da Produción e Acústica Audiométrica.

Carreira profesional e numismática A súa carreira profesional transcorreu vinculado ao mundo da farmacia e da óptica ortopédica, sinaladamente na contorna de El Prat de Llobregat, onde xestionou varios establecementos farmacéuticos.

Así mesmo, impartiu clases de posgrao na Facultade de Farmacia da Universidade de Barcelona, e é académico numerario da Real Academia de Farmacia de Cataluña, da que é presidente desde 2018.

Como grande afeccionado e estudoso da numismática, Casas forma parte de varias entidades asociativas e sociedades eruditas, nas que con frecuencia funde os seus dous focos de interese: a numismática e o mundo da saúde. Foi fundador e presidente da Asociación de Numismáticos e Filatelistas da Sanidade (ANFISAN), e vicepresidente primeiro da Asociación Numismática Española (ANE).

Na súa condición de especialista en moedas e medallas de temática farmacéutico-sanitaria, foi colaborador habitual en diversos medios de comunicación sobre estes temas, e tamén é membro do consello editorial de publicacións periódicas do sector. Igualmente, desde 1984 é autor de numerosos traballos numismáticos, históricos e profesionais, sinaladamente no campo da numismática sanitaria. Tamén impartiu varias conferencias relacionadas cos seus temas de interese.«Conferencia sobre “Las Artes y la Letras” en la notafilia. Los billetes españoles entran en el Ateneo de Madrid de la mano de Jaime Casas Plá». En Numismático Digital. 22 de outubro de 2014.

Casas Pla é académico de número da Real Academia Europea de Doutores. Entre os recoñecementos logrados ao longo da súa traxectoria está a medalla presidencial da Asociación Numismática Española. Igualmente, foi galardoado con senllas medallas de ouro do Colexio de Farmacéuticos de Barcelona e da Asociación de Farnacias de Barcelona.

Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables publicados por Jaime Casas Pla.

(2003). De la constitución a la sesión inaugural de la Sección de Barcelona de la Real Academia de Farmacia de Madrid : discurso leído en el acto de recepción del académico correspondiente ilustre Dr. Jaime Casas. Reial Acadèmia de Farmàcia de Catalunya, Barcelona. (2005). ANE: 50 aniversario 1955-2005 (con Josep Pellicer Bru). (2006). Reial Acadèmia de Farmàcia de Catalunya, 50 anys. Reial Acadèmia de Farmàcia de Catalunya, Barcelona. (2006). Cien farmacias con historia (con X. Sorní). Barcelona. ISBN 84-96537-48-X (2007). Farmàcies històriques de Catalunya. Angle, Barcelona. ISBN 978-8496970151 (2010). La Formulació magistral a l'oficina de farmàcia: nostàlgia del passat o necessitat de sempre (con X. Sorní). Reial Acadèmia de Farmàcia de Catalunya, Barcelona. (2011). Notafília y ciencias de la Salud: personajes, simbología e instituciones. J. Casas, El Prat de Llobregat. (2015). La Numismática modernas y las ciencias de la salud. J. Casas, El Prat de Llobregat. (2020). Medallas relacionadas con las Ciencias de la Salud (Colección Casas). J. Casas, Barcelona. (2022). La Flora en la numismática moderna (con C. Blanché). Reial Acadèmia de Farmàcia de Catalunya, Barcelona. (2022). XXVII siglos de Historia de La Salud a través de la Numismática. Real Academia Europea de Doctores, Barcelona. ISBN 978-84-09-38740-3

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Martínez Gallego, J. M. (2015). "Jaime Casas Pla, autor de “La Numismática Moderna y las Ciencias de la Salud”". En Numismático Digital. 7 de outubro.

Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Numismáticos de Cataluña Categoría:Farmacéuticos de España Categoría:Óptica Categoría:Coleccionistas Categoría:Escritores de non ficción Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Profesores da Universidade de Barcelona Categoría:Personalidades sen imaxes