Xente de Dodro é un partido político galego de dereitas de ámbito local de Dodro creado en 2023.

Historia Xurdiu a partir da exclusión por parte da dirección provincial do Partido Popular de Valentín Alfonsín Somoza como candidato á alcaldía de Dodro, sendo substituído por Marisol Boga Grela, polo que decidiu encabezar unha nova formación política nos seguintes comicios. Nas eleccións municipais de 2023 logrou sela segunda forza política máis votada en Dodro con 3 concelleiros, por detrás do PSdeG, polo que pasou a formar parte da oposición.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Dodro

Categoría:Dodro Categoría:Partidos políticos de Galicia