José Longueira Díaz, nado na Coruña no século XIX e finado na mesma cidade o 7 de xuño de 1945, foi un empresario e diplomático galego. Empresario naval e de aduanas, foi cónsul do Perú na Coruña e exerceu como o terceiro presidente do Deportivo da Coruña entre 1909 e 1914.

Traxectoria Naceu na Coruña, sendo un dos tres fillos do concelleiro e axente de Aduanas do Porto da Coruña José Longueira Doldán e da súa esposa, Filomena Díaz Sanjurjo. Seus irmáns eran Jesús e Tomás Longueira Díaz. Empresario naval, continuou no negocio do seu pai, dedicándose ás aduanas e consignacións a través da empresa familiar, "José Longueira e Hijos", activa dende 1870. En 1902 foi elixido vicecónsul do Perú na Coruña, ascendendo a cónsul en 1906.

Asiduo á Sala Calvet, vogou co equipo do ximnasio en varias regatas de remo, xunto ao seu irmán Jesús, e en 1906 foi un dos fundadores do Club Náutico da Sala Calvet. En xaneiro de 1907 foi elixido como contador na primeira xunta directiva do novo Deportivo da Sala Calvet, actual Deportivo da Coruña. En 1909 foi elixido presidente, cargo que ocupou ata 1914.

Entre 1924 e 1927 foi presidente do Colexio de Axentes y Comisionistas de Aduanas da Coruña, e foi o único galego que presidiu o Consello Xeral de Colexios de Aduanas de España. En 1928 fundou xunto a Fidel González Rodríguez a firma "Agencia Longueira, SL", hoxe "Matías González Chas SL". Foi ademais concelleiro da Coruña e vicecónsul honorario do Brasil.

Faleceu na Coruña o 7 de xuño de 1945.

Vida persoal Casou con Josefina Parada Ortiz de Taranco.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Presidentes do Deportivo da Coruña Bibliografía

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados no século XIX Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Diplomáticos Categoría:Presidentes do Deportivo da Coruña Categoría:Finados en 1945