A mancomunidade denominada «Tierra de Tábara», conforme aos seus estatutos, é unha agrupación voluntaria de concellos para a xestión en común de determinados servizos de competencia municipal, creada por varios concellos na provincia de Zamora, da comunidade autónoma de Castela e León, España.
Ten personalidade xurídica propia, ademais da consideración de entidade local. Engloba unha poboación de máis de 5.000 habitantes diseminados en diferentes núcleos de poboación da comarcas de Tierra de Tábara e Tierra de Alba.
Concellos integrados
A mancomunidade de Tierra de Tábara está formada polos seguintes concellos:
Carbajales de Alba Faramontanos de Tábara Ferreras de Abajo Ferreras de Arriba Ferreruela Losacino Losacio Manzanal del Barco Moreruela de Tábara Olmillos de Castro Otero de Bodas Perilla de Castro Pozuelo de Tábara Riofrío de Aliste Santa Eufemia del Barco Tábara Vegalatrave
Sede
Os seus órganos de goberno e administración terán a súa sede no municipio que elixa o Consello da Mancomunidade para cada lexislatura, polo voto favorable da maioría absoluta legal dos membros do Consello da Mancomunidade.
Fins
É fin primeiro e constitutivo da Mancomunidade, a prestación do servizo de recollida, transporte, vertedura e tratamento de residuos sólidos urbanos. Ademais serán fins da Mancomunidade os que se enumeran a continuación, previo acordo favorable dos Plenos dos Concellos integrantes da Mancomunidade, por maioría absoluta legal dos mesmos, a proposta exclusiva do Consello da mesma.
Outros fins da Mancomunidade:
Protección do medio ambiente e, en xeral, conservación da natureza. Protección civil. Prevención e extinción de incendios. Protección da salubridade pública. Participación na xestión da atención primaria da saúde. Servizos sociais e de promoción e reinserción social. Ordenación, xestión, execución e disciplina urbanística. Pavimentación de vías públicas urbanas. Conservación de camiños e vías rurais. Parques e xardíns. Creación, mantemento e conservación de instalacións e redes de subministración e evacuación, cloración e saneamento. Creación, mantemento e conservación de iluminación pública. Asistencia técnica e administrativa. Recadación de recursos económicos. Fomento do turismo e creación das correspondentes infraestruturas. Fomento do sector agrícola, vinícola, gandeiro e forestal. Promoción, fomento e desenvolvemento da cultura. Promoción, fomento e desenvolvemento do deporte, e Servizo de Matadoiro.
Estrutura orgánica
O goberno e a administración da Mancomunidade corresponderá aos seguintes órganos:
Presidente. Vicepresidente. Consello da Mancomunidade. Comisión de Goberno.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Provincia de Zamora
Ligazóns externas
Mancomunidades da web da Deputación de Zamora
Categoría:Mancomunidades da provincia de Zamora