William Krawczewicz, nado o 26 de maio de 1966,Smith, P. (2025). é un ilustrador e deseñador de medallas e moedas estadounidense.

Traxectoria miniatura|esquerda|Anverso do dólar da Declaración de Dereitos (1993). "1 Dollar Bill of Rights". Numista.com|180x180px

Logo de se graduar no College Park, da Universidade de Maryland, traballou inicialmente na Oficina de Patentes dos Estados Unidos, e logo incorporouse á Casa da Moeda dos Estados Unidos,"United States Mint Selects Three New Artists to Design Nation’s Coins". United States Mint (Usmint.gov). e tamén traballou para a Oficina de Gravado e Impresión, como deseñador de moedas e billetes. A súa popularidade como autor dos billetes en circulación de 10, de 20 e de 50 dólares propicioulle o alcume de "Dollar Bill"."U.S. Banknote designer William Krawczewicz, A.K.A "Dollar Bill". En The E-Sylum. Vol. 10. Nº 17. 19 de abril de 2007.

Dentro do seu traballo na US Mint, a Krawczewicz débeselle o deseño do anverso do dólar de prata conmemorativo da Declaración dos Dereitos (1993), xunto a Thomas D. Rogers."Bill of Rights Silver Dollar". United States Mint (Usmint.gov). Tamén foi o deseñador, nalguns casos, e o gravador, noutros, de varias moedas emitidas con motivo do Mundial de Fútbol de 1994 e dos Xogos Olímpicos de Atlanta de 1996, ambos celebrados nos Estados Unidos."William Krawczewicz". Numista.com

Krawczewicz foi tamén o deseñador da medalla de toma de posesión da presidencia dos Estados Unidos por parte de George W. Bush, en 2001."Medal: Inaugurated George W. Bush, President of the United States". Numista.com

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Smith, P. (2025). "Krawezewicz, William J.". En American Numismatic Biographies. Páxina 252.

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados no condado de Anne Arundel, Maryland Categoría:Ilustradores dos Estados Unidos de América Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Maryland Categoría:Medallas