A Mancomunidade Tierras de Aliste é unha agrupación voluntaria de concellos para a xestión en común de determinados servizos de competencia municipal, creada por varios concellos da provincia de Zamora, comunidade autónoma de Castela e León, España.

Ten personalidade xurídica propia, ademais da consideración de entidade local. Engloba unha poboación de máis de 6.000 habitantes diseminados en diferentes núcleos de poboación da comarca de Aliste.

Concellos integrados

A mancomunidade de Tierras de Aliste está formada polos seguintes concellos:

Alcañices Figueruela de Arriba Fonfría Gallegos del Río Mahide Rabanales Rábano de Aliste Samir de los Caños San Vicente de la Cabeza San Vitero Trabazos Viñas

Sede

Os seus órganos de goberno e administración terán a súa sede na localidade de Alcañices, termo municipal de Alcañices.

Fins

Serán fins da Mancomunidade:

A prestación do servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos sólidos urbanos. A prevención e extinción de incendios. Mellora do medio ambiente en xeral. A execución de obras de infraestrutura, mantemento, conservación e reparación das redes de abastecemento de auga, saneamento e iluminación. A execución de obras de infraestrutura, mantemento e conservación de Instalacións Deportivas e Culturais. Mantemento e reparación de camiños e vías rurais. Protección da agricultura e gandería da zona. Servizo de limpeza viaria. Servizos de asesoramento técnico e xurídico. Servizo de recadación de tributos.

Ningún dos membros da Mancomunidade está obrigado a adherirse a todos os fins establecidos.

Estrutura orgánica

O goberno e administración da Mancomunidade corresponde aos seguintes órganos:

Presidente. Vicepresidente. Asemblea de Concelleiros. Consello Directivo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Provincia de Zamora

Ligazóns externas

Mancomunidades da web da Deputación de Zamora

Categoría:Mancomunidades da provincia de Zamora