A mancomunidade denominada «Mancomunidade de Benavente y Comarca», conforme aos seus estatutos, era unha agrupación voluntaria de concellos para a xestión en común de determinados servizos de competencia municipal, creada por varios concellos na provincia de Zamora, da comunidade autónoma de Castela e León, España.
Tiña personalidade xurídica propia, ademais da consideración de entidade local. Englobaba unha poboación de 25.000 habitantes diseminados en diferentes núcleos de poboación da comarca de Benavente y Los Valles.
A mancomunidade foi suprimida en novembro de 2014 e substituída pola Mancomunidade ETAP Benavente y los Valles.
Concellos integrados
A mancomunidade de Benavente y Comarca estaba formada polos seguintes concellos:
Benavente Fuentes de Ropel La Torre del Valle Manganeses de la Polvorosa Pobladura del Valle San Cristóbal de Entreviñas Santa Cristina de la Polvorosa Villanueva de Azoague
Sede
Os órganos de goberno e administración da mancomunidade terán a súa sede na casa do concello de Benavente.
Fins
A «Mancomunidade de Benavente y Comarca» constitúese para os seguintes fins:
Estudo xeral do abastecemento á Zona de Benavente Realización de proxectos. Realización de obras necesarias para un adecuado abastecemento á poboación. A prestación en común no ámbito da mesma dos servizos de prevención e extinción de incendios e protección civil.
Estrutura orgánica
O goberno e a administración da Mancomunidade corresponderá aos seguintes órganos:
Asemblea de Concelleiros. Consello Directivo. Presidente. Vicepresidente.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Provincia de Zamora
Categoría:Mancomunidades da provincia de Zamora