Margarida é un nome propio feminino galego. Esta forma tamén é común co portugués e co catalán. A súa orixe é o latín Margarita, usado nas inscricións dos primeiros séculos do cristianismo; fora tomado do nome común latino margarita co significado de 'perla', e á súa vez é un préstamo do substantivo común grego margarítēs 'perla'. En galego tamén ten o hipocorístico Marga.
En xaneiro de 2023 existían 40 mulleres en Galicia co nome Margarida, cunha media de idade de 47,2 anos.Nome Margarida na Web do Instituto Galego de Estatística
Margarida noutras linguas Alemán: Margarethe / Margaretta Aragonés: MargalidaEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano: Margarita / Malgarita Bretón: Gaidig / Gaida / Gaid / Margaid / Marc’harid Castelán: Margarita Catalán: Margarida Éuscaro: Margarita / Hostaizka / Hostaitza Francés: Margot (hip.) / Martaus / Margherite Húngaro: Margit Inglés: Maggie (hip.) / Margaret Italiano: Margherita Neerlandés: Greet / Griet / Margaretha / Margareta Polaco: Małgorzata Portugués: Margarida Romanés: Margareta Ruso: Margarita
Personalidades Margarida Vázquez Veras, política galega (n. 1954); Margarida Corral, socióloga e política galega (n. 1976); Margarida Caldas Moeira, política galega (n. 1980).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega
Categoría:Nomes femininos de orixe latina Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos cataláns Categoría:Nomes femininos portugueses