Julio Alonso Llamazares, nado en Vegamián (León) o 28 de marzo de 1955, é un novelista, escritor de viaxes, poeta e guionista español. Foi dúas veces finalista do premio Nacional de Literatura de España polas súas novelas Luna de lobos (1985) e La lluvia amarilla (1988).

Traxectoria Llamazares naceu na desaparecida aldea de Vegamián, onde o seu pai, Nemesio Alonso, traballaba como mestre nacional, pouco antes de que a localidade quedase anegada polo encoro do Porma.

Malia nacer en Vegamián, a súa familia procede da vila leonesa de La Mata de Bérbula (tamén coñecida como La Matica), situada na conca do río Curueño. Este foi descrito no seu libro El río del olvido. Tras a destrución de Vegamián, mudáronse a Olleros de Sabero, na conca carbonífera de Sabero. A infancia en ambas aldeas marcou a súa vida en dediante, así como parte da súa obra.

Licenciouse en Dereito, aínda que abandonou a profesión para dedicarse ó xornalismo escrito, radiofónico e televisivo en Madrid, onde reside na actualidade.

En 1983, comezou a escribir Luna de lobos, a súa primeira novela, que saíu do prelo dous anos máis tarde. En 1988, publicou La lluvia amarilla. Ambas foron finalistas do premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa. Posteriormente, en Escenas de cine mudo, de 1994, deu forma literaria a algunhas das súas experiencias de cativo. En 2016, quedou finalista do premio da Crítica de Castilla y León coa súa novela Distintas formas de mirar el agua. Antes do ditame do xurado, emitiu un comunicado anunciando que non aspiraba ó premio e que, de serlle concedido, o rexeitaría. Nunha convocatoria anterior, a de 2014, xa fora candidato ó galardón con Las lágrimas de San Lorenzo, que non gañou.

Publicacións Poesía La lentitud de los bueyes (1979) Memoria de la nieve (1982)

Narrativa El entierro de Genarín (1981), relatos Luna de lobos (1985), novela La lluvia amarilla (1988), novela El río del olvido (1990), viaxes Escenas de cine mudo (1994), novela En mitad de ninguna parte (1995), relatos Trás-os-Montes (1998), viaxes Tres historias verdaderas (1998), relatos Los viajeros de Madrid (1998), relatos Cuaderno del Duero (1999), viaxes El cielo de Madrid (2005), novela Las rosas de piedra (2008), viaxes Tanta pasión para nada (2011), relatos Las lágrimas de San Lorenzo (2013), novela Distintas formas de mirar el agua (2015), novela Atlas de la España imaginaria (2015), viaxes El viaje de Don Quijote (2016), viaxes Las rosas del sur (2018), viaxes Primavera extremeña (2020), viaxes Vagalume (2023), novela El viaje de mi padre (2025), viaxes

Xornalismo En Babia (1991) Nadie escucha (1995) Entre perro y lobo (2008)

Guións cinematográficos Retrato de bañista (1984) El filandón (1985) Luna de lobos (1987) La fuente de la edad (1991) El techo del mundo (1995) Flores de otro mundo (1999) Elogio de la distancia (2009)

Notas

Categoría:Guionistas de España Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados na provincia de León Categoría:Escritores en lingua castelá