Sofía Muñiz Somoza, máis coñecida como Sofía Muñiz, nada en Cambados en 1995, é unha docente e escritora galega.

Traxectoria

Graduouse en Enfermería e fixo o mestrado de profesorado na Universidade de Vigo. Profesora de Lingua Galega e Literatura en secundaria.

Afeccionada ás artes plásticas e á fotografía. Participou en varias exposicións colectivas en espazos emblemáticos como o Museo de Pontevedra e a Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén publicou unha serie de poemas na revista de expresión poética galega Dorna.

Gañou o Premio de Poesía O Facho 2025 coa obra A autorización do centro da palabra: «a autora explora temáticas moi achegadas á realidade social contemporánea, como a incerteza laboral, a liberación persoal ou o desamor cun ton rebelde e unha linguaxe construída para chegar ás persoas máis novas». Un título é unha declaración de intencións «porque fai referencia a todas esas escritoras galegas que marcaron a miña traxectoria, tanto persoal como artística. Mulleres como Xela Arias ou Luz Pozo Garza».

Obras

A autorización do centro da palabra (2025). A Coruña: Medulia. 88 páxs. ISBN 9788410324886.

Premios

2020 e 2022: finalista do Concurso Xuventude Crea, impulsado pola Xunta de Galicia, na modalidade de artes plásticas. 2024: unha das gañadoras do Concurso de Pintura que tivo lugar con motivo do I Encontro Literario e Artístico “Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes". 2025: Premio de Poesía O Facho coa obra A autorización do centro da palabra.

Notas

Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1995 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Profesores de educación secundaria