Carlos Vicente Robles, nado en Zaragoza o 23 de abril de 1999, é un futbolista aragonés que xoga na posición de extremo dereito. O seu equipo actual é o Birmingham City do EFL Championship.
Traxectoria Primeiros anos Tras comezar a súa formación no Stadium Casablanca, en 2017 ingresou nas categorías inferiores do Real Zaragoza. Debutou co Deportivo Aragón o 24 de setembro dese ano como substituto nun partido de Segunda División B contra o Badalona. O 2 de setembro de 2018 anotou o seu primeiro gol sénior nunha vitoria por 4-0 perante o Calamocha. Durante a tempada 2018/19 da Terceira División, Carlos Vicente marcou 10 goles e xogou a promoción de ascenso co filial aragonés, sendo finalmente eliminado.
O 5 de outubro de 2020, Vicente asinou un contrato dunha tempada co Gimnàstic de Tarragona e foi asignado ao seu filial, o Club de Futbol La Pobla de Mafumet. Tras disputar un único encontro co equipo catalán, o 6 de novembro de 2020 saíu do Nàstic e fichou pola Sociedad Deportiva Ejea en decembro dese ano. O 24 de xuño de 2021 pasou a formar parte do Club Deportivo Calahorra da Primeira División RFEF. Na tempada 2021/22 anotou 11 goles para o conxunto rioxano, a mellor marca de Vicente nesa altura.
Racing de Ferrol O 30 de xuño de 2022 anunciouse a fichaxe de Carlos Vicente polo Racing de Ferrol, tamén na terceira categoría. Vicente participou en todos os partidos da tempada e contribuíu con 8 goles para lograr o regreso do Racing á Segunda División tras 15 anos. O 12 de agosto de 2023 estreouse no fútbol profesional como titular nunha vitoria por 1-0 perante o Elche Club de Fútbol. O primeiro gol profesional de Vicente tivo lugar o 10 de setembro dese ano, cando marcou un penalti para lograr un empate por 2-2 contra o Villarreal B.
Deportivo Alavés O 22 de decembro de 2023 fíxose oficial o traspaso de Carlos Vicente ao Deportivo Alavés da Primeira División cun contrato por tres anos e medio. Vicente debutou na máxima categoría o 2 de xaneiro de 2024, cando entrou como subtituto de Antonio Blanco nun encontro perante a Real Sociedad.
Birmingham City O 27 de xaneiro de 2026 Carlos Vicente asinou un contrato por tres anos e medio co Birmingham City do EFL Championship. O seu debut na liga inglesa tivo lugar o 31 de xaneiro dese ano, cando entrou como substituto e asistiu un dos goles para unha vitoria por 2-0 contra o Oxford United.
Vida persoal Carlos Vicente ten un irmán xemelgo que tamén é futbolista, David. Xoga na posición de lateral dereito e tamén formou parte do Real Zaragoza.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Carlos Vicente en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Zaragoza B Categoría:Xogadores do CD Calahorra Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Birmingham City FC