Stanley Witten, nado en Edmonton, Alberta, en 1963, é un artista e gravador canadense, moi recoñecido no seu país polos seus deseños de moedas canadenses."Stan Witten". Numista.com

Traxectoria Stanley Witten traballa na Real Casa da Moeda do Canadá desde 1990, e en 2002 pasou a ocupar o posto de gravador xefe desa entidade."Ever Admire a Coin's Design? Now Imagine it's the Size of a CD...". Royal Canadian Mint (Mint.ca).Cummings, M. (2005). "Witten Considers Fox $1 Proudest Accomplishment". En Canadian Coin News. 18. 3 de maio.

Entre os deseños de moedas creados por Witten cabe salientar o reverso da Big Maple Leaf en 2003, unha moeda co valor facial dun millón de dólares e un peso de 100 quilogramos de ouro puro,"1 000 000 Dollars - Elizabeth II Maple Leaf". Numista.com que foi recoñecida na edición de 2007 do Libro Guinness dos Récords como a moeda de ouro máis grande do mundo."Largest maple leaf". Guinnessworldrecords.com"The world’s largest coin". En Coins Weekly. 8 de xullo de 2010."World Record: Guinness recognizes 100-kg gold coin". En Canadian Mining Journal. 24 de outubro de 2007.

En 2005, presentouse outro dos seus deseños máis sobranceiros, o do reverso da moeda dun dólar dedicada a Terry Fox, un atleta e activista canadense en prol da investigación contra o cancro."Royal Canadian Mint Unveils Terry Fox Dollar". Government of Canada (Canada.ca)."1 Dollar - Elizabeth II Terry Fox". Numista.com Logo da presentación da moeda, Witten explicou ao xornal Ottawa Citizen que "mentres gravaba o deseño, quería capturar a Terry loitando contra os elementos, correndo a favor do vento, erguéndose sobre árbores dobradas polo vento nun solitario treito da natureza salvaxe canadense".The Ottawa Citizen. 15 de marzo de 2005.

Recoñecemento

2009: Premio Presidencial da Real Asociación Numismática do Canadá."2009 Edmonton RCNA Convention - Award Winners". The Royal Canadian Numismatic Association (RCNA.ca).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Big Maple Leaf

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Edmonton Categoría:Deseñadores de moeda do Canadá Categoría:Personalidades do gravado