Evaristo de Churruca y Brunet, primeiro conde de Motrico, nado en Izu (Navarra) o 26 de outubro de 1841 e finado en Bilbao o 3 de abril de 1917, foi un enxeñeiro español, coñecido principalmente por construír o porto exterior de Bilbao.

Traxectoria Naceu na aldea navarra de Izu, preto de Pamplona. Porén, a súa familia era oriúnda de Mutriku (Guipúscoa), onde se trasladou coa súa familia aos poucos anos. esquerda|miniatura|227x227px|Monumento a Churruca en Areeta, Getxo Estaba emparentado co famoso mariño Cosme Damián Churruca, heroe da batalla de Trafalgar. Realizou estudos medios no Real Seminario de Bergara e en Madrid cursou brillantemente a carreira de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos. En 1863, acabada a carreira, foi destinado ao Levante. Dirixiu diversas obras na provincia de Murcia, onde construíu os faros de Cabo de Palos e Portmán; e Valencia, onde realizou tarefas relacionadas coa hidroloxía. Tras pasar por Biscaia, onde canalizou a ría de Gernika, foi transferido a Porto Rico en 1866. En Porto Rico estivo a cargo da instalación da rede de telégrafos da illa e levou a cabo un estudo para mellorar o porto de San Xoán e de construír unha igrexa neogótica no municipio de Humacao. En 1870 foi nomeado inspector xeral de obras públicas da illa. Construíu numerosos edificios públicos e civís e canalizou os ríos Bucaná e Jacaguas. Antes de regresar á península viviu un tempo na Habana e realizou unha longa viaxe polos Estados Unidos.

De regreso a España en 1873 traballou durante varios anos para a sección de estradas e ferrocarrís da Xunta Consultiva de Camiños, Canles e Portos. Fíxose cargo en 1877 da construción do porto exterior de Bilbao e da canalización do río Nervión. As obras finalizaron en 1904 e converteron o porto de Bilbao nun dos mellores e máis seguros de España. As obras permitiron o desenvolvemento industrial da cidade.

En 1908, Afonso XIII nomeouno conde de Motrico. Foi condecorado coa cruz da Orde de Carlos III, a gran cruz da Orde de Isabel a Católica e a Lexión de Honra francesa, entre outros recoñecementos.

Erixiuse un monumento na súa honra na localidade de Getxo. Hai rúas na súa honra en Mutriku (Rúa Conde de Motrico), Portugalete (Peirao de Churruca) e Bilbao (Peirao Evaristo Churruca).

Obras dereita|miniatura|Portada da Revista de Obras Públicas do 12 de abril de 1917 co obituario de Evaristo de Churruca Evaristo de Churruca publicou durante a súa vida 80 artigos na Revista de Obras Públicas. O 12 de abril de 1917, 9 días despois da súa morte, apareceu en primeira plana da revista un obituario de cinco páxinas describindo a súa vida e logros profesionais.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Finados en 1917 Categoría:Nados en 1841 Categoría:Enxeñeiros do País Vasco Categoría:Nados en Navarra