José Luis Rico Rico, nado en Luarca o 22 de febreiro de 1917 e finado en Oviedo o 13 de febreiro de 1987, foi un militar e político asturiano.
Traxectoria
Fillo de José Luis Rico González. Afiliouse ao PSOE o 1 de outubro de 1932. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e procesado en decembro por rebelión militar xunto co seu pai José Luis Rico González, interventor de fondos do concello de Ayer, polos sucesos de Cabanaquinta;Región, 29-12-1934, p 11. foron xulgados en consello de guerra en Xixón o 11 de febreiro de 1935, e foi condenado a seis meses de prisión.El Liberal, 12-2-1935, p. 2. Membro da UGT, integrouse na Agrupación Socialista de Xixón en outubro de 1935.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 combatiu no exército leal e foi xefe de Estado Maior da 165 Brigada Mixta. Coa caída de Asturias foi detido e xulgado por rebelión en consello de guerra de Luarca o 14 de novembro de 1937. Foi condenado a pena de morte conmutada a cadea perpetua. Cumpriu condena na Prisión de Oviedo e na Prisión Central de Celanova, onde ingresou o 17 de febreiro de 1938.Libro-Registro de penados. Prisión Central de Celanova De Celanova pasou ao Destacamento Penal das Minas de Silleda o 13 de maio de 1942, de onde saíu en liberdade provisional o 3 de abril de 1943.BOE, 12-10-1943, p. 9885. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en outubro de 1938.BOP Oviedo, 20-10-1938, p. 2.
Volveu ser detido o 24 de decembro de 1948 e foi internado na prisión de Oviedo o 21 de xaneiro de 1949. Saíu en liberdade o 2 de febreiro seguinte. Despois da morte de Franco formou parte da Agrupación Socialista de Oviedo ata a súa morte o 13 de febreiro de 1987.Necrolóxica en La Nueva España, 14-2-1987, p. 35.
Vida persoal
Casou con Celia Piñeiro Vidal e foi pai de Celia, Juana Amelia, José Luis e María Dolores Rico Piñeiro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Expediente persoal do recluso José Luis Rico Rico Ficha en Censo de Represaliados de la UGT
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Militares de España
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Luarca Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1987