Manex Lozano Carmona, nado en Iruña o 23 de febreiro de 2007, é un futbolista navarro que xoga na posición de dianteiro. O seu equipo actual é o Racing de Santander da Segunda División, cedido polo Athletic Club.

Traxectoria en clubs Lozano comezou a súa formación no Club Deportivo Oberena. En 2023 ingresou nas categorías inferiores do Athletic Club. Durante a tempada 2024/25 anotou 23 goles en 33 partidos co equipo xuvenil. O 27 de xuño de 2025 renovou contrato co club vasco até 2029.

Manex Lozano participou na tempada 2025/26 da Liga Xuvenil da UEFA e marcou seis goles nos seus primeiros cinco partidos. Ao mesmo tempo formou parte do segundo filial do Athletic, o Club Deportivo Basconia da Segunda Federación. O 10 de xaneiro de 2026 anunciouse a súa cesión ao Racing de Santander da Segunda División até xuño dese ano. O seu debut profesional co Racing tivo lugar ese mesmo día, cando foi substituto de Maguette Gueye e anotou o segundo gol para unha derrota por 2-3 contra o Real Zaragoza.

Posteriormente xogou na rolda de oitavos de final da Copa do Rei contra o Fútbol Club Barcelona. Na liga anotou un gol contra a Unión Deportiva Las Palmas, rival directo do Racing para o ascenso. En febreiro de 2026 Lozano sufriu unha rotura do ligamento cruzado que o retirou do xogo durante o resto da tempada 2025/26.

Traxectoria internacional O 12 de decembro de 2025 foi convocado pola selección de fútbol sub-19 de España para xogar a Copa SBS no Xapón. Lozano debutou poucos días despois nunha vitoria por 4-2 perante o equipo anfitrión.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Manex Lozano Perfil na web oficial do Athletic Club

Categoría:Nados en 2007 Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CD Baskonia Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19