Magawa, nada en novembro de 2013 e finada en xaneiro de 2022, foi unha rata xigante do sur con bolsas (Cricetomys ansorgei) que traballou como HeroRAT para detectar minas terrestres en Cambodia para a organización non gobernamental APOPO (, lit. Desenvolvemento de Produtos de Detección de Minas terrestres Antipersoais) que adestra a ratas para detectar minas terrestres e tuberculoses. Magawa foi a rata de rastrexo de minas terrestres máis exitosa na historia da organización e recibiu a Medalla de Ouro de PDSA en 2020.

Notas

Categoría:Animais famosos reais