O Parque Nacional de Anavilhanas (en portugués: Parque Nacional de Anavilhanas) é un parque nacional que abrangue un enorme arquipélago fluvial no Río Negro, no estado de Amazonas, Brasil. Forma parte do Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Localización thumb|290px|Unidades de conservación do Río Negro Sur10: Parque Nacional de Anavilhanas O parque atópase nos concellos de Manaus e Novo Airão. Está xestionado polo Instituto Chico Mendes para a Conservación da Biodiversidade. A parte fluvial do parque, o 60 % do total, ten máis de 400 illas. Ten uns 130 km de longo e unha media de 20 km de ancho, cunha superficie total de 350470 ha. O parque está delimitado ao norte e ao leste pola Área de Protección Ambiental da Marxe Esquerda do Río Negro, unha área de conservación de uso sostible de 611008 ha creada en 1995. A sección fluvial esténdese ata a ribeira oeste do Río Negro, que está protexida principalmente pola Área de Protección Ambiental da Marxe Dereita do Río Negro e a Reserva de Desenvolvemento Sostible do Río Negro.

A altitude do terreo varía de 50 a 150 m sobre o nivel do mar. A precipitación media anual é de 2100 mm. As temperaturas oscilan entre os 23º e 34 °C. O parque contén unha variedade de tipos de bosques e ecosistemas fluviais e lacustres.

Conservación O parque creouse orixinalmente o 6 de febreiro de 1981 como unha unidade de protección integral que abarcaba 350018 ha. Foi reclasificado do estado estritamente protexido de estación ecolóxica ao máis aberto (pero aínda protexido) de parque nacional pola lei nº 11.799 do 29 de outubro de 2008.

O parque protexe o medio ambiente do arquipélago fluvial de Anavilhanas no Río Negro, un dos máis grandes do mundo, e as súas formacións forestais. Apoia a investigación científica e mellora a conservación do bioma amazónico a través da educación ambiental e o turismo sostible. O parque está aberto todo o ano. Entre as especies protexidas están o margay, o xaguar (Panthera onca), o oso formigueiro xigante (Myrmecophaga tridactyla), o armadillo xigante (Priodontes maximus), a lontra xigante (Pteronura brasiliensis), o manatí amazónico e o golfiño do río Amazonas.

O Parque Nacional do Jaú inscribíuse pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade no ano 2000. Pasou a formar parte do Corredor Ecolóxico da Amazonia Central, establecido en 2002. En 2003, o sitio ampliouse coa adición do Parque Nacional de Anavilhanas, a Reserva de desenvolvemento sustentable de Amanã e a Reserva de Desenvolvemento Sostible Mamirauá para formar o Complexo de Conservación da Amazonia Central, un Patrimonio da Humanidade máis amplo. O parque pasou a formar parte do Mosaico do Baixo Río Negro, creado en 2010. A unidade de conservación conta co apoio das Áreas Protexidas da Rexión da Amazonia Programa]].

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade no Brasil

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Patrimonio da Humanidade no Brasil