Francesca Bria, nada en Roma o 11 de novembro de 1977, é experta e asesora en políticas de dixitalización e tecnoloxías da información.
Traxectoria Formada en Ciencias sociais e Economía, é doutora polo Imperial College e máster en negocio electrónico e innovación pola University College de Londres, Birkbeck. Foi investigadora e profesora asociada do Imperial College Business School de Londres.
Entre 2017 e 2019, traballou no Concello de Barcelona como comisionada de Tecnoloxía e Innovación Dixital. É asesora da Comisión Europea en innovación, e directora do proxecto DECODE sobre soberanía de datos en Europa.
Notas
Categoría:Nados en Roma Categoría:Nados en 1977 Categoría:Economistas de Italia