Julia Laffranque (de solteira, Julia Vahing), nada en Tartu o 25 de xullo de 1974, é unha xurista, xuíza e científica xurídica (doutor iuris) estoniana. É profesora visitante de dereito europeo, maxistrada no Tribunal Supremo de Estonia e foi xuíza no Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (2011-2020).
Traxectoria Fixo os estudos en dereito na universidade de Tartu entre 1992 e 1997, pasando un curso, entre 1994 e 1995, na universidade de Hamburgo. Entre 1997 e 1998, realizou un mestrado en dereito na universidade de Münster.
De 2004 a 2010, estivo na Corte Suprema de Estonia, foi a xuíza máis nova de Estonia nesa Corte, e volveu ser nomeada en 2020 e permanece en 2026. De 2006 a 2010, foi elixida presidenta do Consello Consultivo de Xuíces Europeos, período no que a institución recibiu o premio «Xustiza no Mundo» por promove-la independencia xudicial.
Desde o 4 de xuño de 2018 tamén é membro do Comité Científico da Axencia de Dereitos Fundamentais da Unión Europea e anteriormente foi profesora de dereito europeo na Universidade de Tartu. En 2019 foi candidata ao cargo de Defensor do Pobo Europeo. En 2020, foi nomeada directora de programa da Academia de Dereito Europeo (ERA) e, en 2021, o Consello da Unión Europea, por proposta do Parlamento Europeo e con 586 votos a favor, nomeouna membro do panel do artigo 255 do TFUE, que emite un ditame sobre a idoneidade dos candidatos a xuíces e avogados xerais do Tribunal de Xustiza e do Tribunal Xeral da Unión Europea.
Recoñecementos
2004 – Cabaleiro da Orde Nacional do Mérito de Francia. 2005 – Orde da Estrela Branca de cuarta clase, Estonia, por organizar a adhesión de Estonia á UE. 2013 – Europea do Ano, Movemento Europeo de Estonia. 2017 – Premio á mellor formadora de xuíces, outorgado polos xuíces estonianos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Curriculum vitae no Parlamento Europeo Curriculum vitae na Corte Europea de Dereitos Humanos Entrevista: Julia Laffranque: millist vaktsiini vajab põhiõiguste kaitse Euroopas?
Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Tartu Categoría:Alumnos da Universidade de Tartu Categoría:Alumnos da Universidade de Hamburgo Categoría:Xuristas de Estonia Categoría:Xuíces de Estonia