Basilio Sebastián Castellanos de Losada, nado en Madrid o 14 de xuño de 1807 e finado na mesma cidade o 6 de xuño de 1891, foi un historiador, xeógrafo, arqueólogo, numismático, biógrafo, iconólogo, anticuario e escritor español, director do Museo Arqueolóxico Nacional entre 1886 e 1891.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Basilio Sebastián Castellanos de Losada naceu en Madrid o 14 de xuño de 1807,Papí Rodes, C. "Basilio Sebastián Castellanos de Losada Serrano y Castro". Museo Arqueolóxico Nacional (MAN.es). no seo dunha familia aristocrática da que herdou o título de Marqués de Sauli."Castellanos de Losada, Basilio Sebastián. Marqués de Sauli (1807-1891): Un precursor de la cultura y educación española". MCNbiografias.com Foi un dos 20 fillos de Francisca de Losada de Castro e do militar Benigno Antonio Castellanos y Serrano,"Castellanos de Losada: esbozo biográfico". En Lavín Berdonces, A. C. (1997). Páxinas 250-254. que fora mestre de obras da Biblioteca Real.Castor de Caunedo, N. (1848). Páxinas 7-8.

Malia a modesta economía da familia, dado o numeroso dos seus membros, Basilio Sebastián destacou desde a infancia polo seu interese polo estudo e recibiu unha boa educación, e en 1822, por desexo dos seus pais, comezou a carreira eclesiástica, e mesmo chegou a trasladarse a Italia ese mesmo ano para entrar ao servizo do nuncio apostólico. Mais só un ano despois, aínda con 15 anos de idade, adheriuse aos Cen Mil Fillos de San Luís, baixo o mando do duque de Angulema e, logo de ser apreixado en Talavera de la Reina e encarcerado, exiliouse en Italia, onde se formou en arqueoloxía da man do arqueólogo italiano Antonio Nibby (1792-1839).Maier Allende, J. "Basilio Sebastián Castellanos de Losada". Historia Hispánica. Real Academia de la Historia (historia-hispanica.rah.es).Castor de Caunedo, N. (1848). Páxinas 8-10.

De volta a España, o 2 de setembro de 1826 acadou o título de profesor de ensino primario e en 1829 o de profesor de lingua francesa e italiana, que exerceu como docente no Real Colexio das Escolas Pías de San Fernando.Castor de Caunedo, N. (1848). Páxina 10.

Carreira profesional e como erudito Castellanos de Losada ingresou como escribente o 2 de decembro de 1833 na daquela chamada Biblioteca Real —a partir de 1836 Biblioteca Nacional de España—, e en 1835 pasou a ser anticuario desa entidade, por proposta do galego Joaquín María Patiño, daquela bibliotecario maior.

Entre 1836 e 1838 foi comisionado para traballar no inventario dos libros dos conventos suprimidos de Toledo e Madrid, así como das bibliotecas de Cortes e de Luis Salazar y Castro. Nesta época publicou tamén algunhas novelas.

Partidario de María Cristina como rexente, foi defensor activo da monarquía constitucional.

En 1837 foi cofundador —xunto con Pedro González Mate e Francisco Bermúdez de Sotomayor— da Sociedade Numismática Matritense, unha entidade dedicada á divulgación do coñecemento numismático, que publicou a revista Galería Numismática Universal. E a partir dese mesmo ano encargouse do ensino da Arqueoloxía de diversas entidades madrileñas, como o Ateneo —do que era socio honorario desde 1836 e conservador do seu gabinete numismático—, o Liceo Artístico e Científico, e o Instituto Español, do cal foi socio fundador en 1839. Ademais, impartiu cursos de arqueoloxía no Colexio de Humanidades de Sebastián de Fábregas e no de Francisco Serra, nos que era profesor de Xeografía e Historia desde o 12 de xullo de 1839.

En recoñecemento a este labor como pioneiro do ensino público da Arqueoloxía, que combinou coa publicación de varios traballos divulgativos sobre esta disciplina, Castellanos de Losado foi recoñecido en 1839 co título de comendador da Orde de Isabel a Católica.

Paralelamente, continuaba co seu traballo como anticuario da Biblioteca Nacional de España, e en 1847 foi recoñecido como bibliotecario. Nesta institución foi comisionado en diversas ocasións para a taxación e a adquisición para a súa colección numismática de notables coleccións, como a de Jacobo María de Parga e a de José García de la Torre. E en 1853 recibiu a encarga de clasificar e ordenar o gabinete numismático da Universidade de Valencia. Pola Real orde do 20 de decembro de 1851 concedéuselle o cargo de anticuario conservador do Gabinete de Antigüidades e Museo de Medallas da Biblioteca Nacional, que exerceu ata 1856, cando foi nomeado director da Escola Normal de Instrución Primaria, onde ademais desempeñou unha cátedra de Xeografía e Historia de España, un posto que foi suprimido en outubro de 1868 polo Goberno revolucionario. En 1850 tamén foi nomeado cronista, anticuario e conservador do Museo de Antigüidades e Armería da Casa Ducal de Osuna.

Como resultado da súa boa relación con Isabell II e coa familia real, foi nomeado secretario honorario da raíña en 1848 e xentilhome de cámara en 1858, cargo este último que lle foi confirmado por Afonso XII. En 1859 a raíña nomeouno tamén bibliotecario e anticuario de cámara, e cronista da Casa Real.

En 1844, Castellanos de Losada transformou a Sociedade Numismática Matritense na nova Academia Española de Arqueoloxía, co obxectivo de conservar o patrimonio monumental e arqueolóxico español, aínda que o seu recoñecemento oficial e a súa incidencia real foron escasos, ao coincidir nos seus fins cos da Real Academia da Historia. Así e todo, en 1863, a Academia Española de Arqueoloxía pasou a gozar da protección real na persoa do Príncipe de Asturias, polo que pasou a denominarse Real Academia Española de Arqueoloxía e Xeografía do Príncipe Afonso.Gómez Pérez, J. (1958).Calle, S. (2004). “La Academia frustrada: la Real de Arqueología y Geografía del Príncipe Alfonso (1837-1868)”. En Excavando papeles. Indagaciones arqueológicas en los archivos españoles, Guadalajara. Páxinas 121-151. Mais este novo impulso da Academia foi efémero, xa que foi disolvida en 1868 no Sexenio Revolucionario, e as súas coleccións de antigüidades e de arte pasaron ao Museo Arqueolóxico Nacional, que se acabara de crear un ano antes.

Castellanos de Losada ingresou no corpo facultativo de arquiveiros e bibliotecarios o 10 de abril de 1867 como oficial de primeiro grao, e o 16 de xuño dese ano comezou a prestar servizos no Museo Arqueolóxico Nacional, como encargado da súa sección de Numismática, aínda que no período revolucionario foi cesado e non recuperou o seu posto ata o 1 de abril de 1875. O 12 de novembro de 1885 foi nomeado director interino e o 20 de xullo de 1886 director en propiedade, logo do falecemento de Francisco Bermúdez Sotomayor. Ocupou este cargo ata os seus derradeiros días.

Entre as entidades asociativas e sociedades eruditas de índole internacional ás que pertenceu, cabe salientar a Sociedade e Consello de Anticuarios de Europa, a Royal Numismatic Society, de Londres, e o Comité de Artes e Monumentos de Francia.Castor de Caunedo, N. (1848). Páxinas 13-14.

miniatura|Retrato de Basilio Sebastián Castellanos de Losada no Museo Arqueolóxico Nacional.

Vida familiar Basilio Sebastián Castellanos de Losada casou en 1835 con María Mercedes López y López, con quen tivo dous fillos.Castor de Caunedo, N. (1848). Páxina 12.

Finou en Madrid o 6 de xuño de 1891, aos 83 anos.

Publicacións Castellanos de Losada foi un fecundo colaborador con artigos sobre os seus temas de interese nas principais revistas culturais do momento, entre elas Semanario Pintoresco Español, El Trono y la Nobleza, Museo de los Niños e Foro Español, nas que utilizou, en ocasións, os pseudónimos de "Santos Bueno del Castillo" e "El Tío Pilili". Á parte de máis dunha vintena de traballos monográficos inéditos, preséntase deseguido unha listaxe non exhaustiva das numerosas monografías publicadas ao longo da súa traxectoria como erudito:

Historia e etnoloxía

(1830-1831). Retrato actual y antiguo de la muy H.N.L.I. y C. Villa y Corte de Madrid [...]. Eusebio Álvarez, Madrid. (1846). La Isabela, manual del Bañista, itinerario razonado; descripción del Real sitio y baños termales de la Isabela, llamados vulgarmente de Sacedón [...]. Sanchiz, Madrid. (1847). Una opinión sobre la muerte de D. Carlos de Austria, príncipe de Asturias, primogénito del Rey Felipe II [...]. Sanchiz, Madrid. (1847). Memorias sobre el estado rural del Río de la Plata en 1801 [...]. Sanchiz, Madrid. (1847). Descripción é historia del Paraguay y del Río de la Plata: obra póstuma del célebre marino y escritor naturalista Don Félix de Azara [...]. Tomo I / Tomo II. Sanchiz, Madrid. (1847). Revoluciones de Roma que causaron la destitución del Papa Pio VI como soberano temporal [...]. Sanchiz, Madrid. (1847). Apuntes para un catálogo de los objetos que comprende las colección del Museo de Antigüedades de la Biblioteca Nacional de Madrid, con exclusión de los numismáticos [...]. Sánchez, Madrid. (1848). La galantería española. Sistema y diccionario manual del lenguaje de la galantería y de sus divisas [...]. Francisco Mellado, Madrid. (1848). Panteón biográfico moderno de los ilustres Azaras de Barruñales, en el antiguo reino de Aragón, hasta el actual Marqués de Nibbiano, el Sr. Don Agustín de Azara y Mata [...]. Viuda de Sanchiz, Madrid. (1849). Biografía de D. José Utrera y Cadenas, pintor gaditano. B. González, Madrid. (1849). Biografía de D. Francisco González Elipe, diputado á Córtes, poeta lírico y dramático y escritor político. Madrid. (1849). Biografías de los diputados á Córtes aragoneses D. Francisco Escudero y Azara y D. Francisco Falces y Azara. B. González, Madrid. (1849-1850). Historia de la vida civil y política del célebre diplomático y distinguido español D. José Nicolás de Azara, primer marqués de Nibbiano [...]. Tomo I (1849) / Tomo II (1850). Baltasar González, Madrid. (1850). Biografía del célebre diplomático y distinguido literato español D. José Nicolás de Azara y Perera. B. González, Madrid. (1850). Biografía de la graciosa y célebre gaditana Josefa Vargas, primera bailarina del teatro de la Comedia. Mellado, Madrid. (1851). Trillo, manual del Bañista. Itinerario razonado. Descripción del pueblo y baños termales de Trillo [...]. B. González, Madrid. (1852). Blasón de los artistas. Biografía del Sr. Don Francisco Moratilla, platero de Cámara de S.M. la Reina. F. del Castillo, Madrid. (1852). Glorias de los Azaras en el siglo XIX. Parte I (1852). D. B. González, Madrid. / Parte II (1854) A. Pérez Dubrull, Madrid. (1854). Discursos históricos-arqueológicos sobre el origen, progresos y decadencia de la poesía, música y baile español [...]. A. Pérez Dubrull, Madrid. (1855). Discursos históricos-arqueológicos sobre los nobles e ilustres infanzones, los caballeros Azaras de Burbuñales en el reino de Aragón [...]. D. F. del Castillo, Madrid. (1856). Álbum de Azara, Corona científica, literaria, artística y política [...]. A. Fuentenebro, Madrid. (1857). El siglo XIX, discurso histórico arqueológico, sobre los acontecimientos políticos, espíritu, instrucción, costumbres, y tendencias de los siglos XVIII y XIX en general, y en particular de España [...]. Alejandro Gómez Fuentenebro, Madrid. (1858). Memorandum Historial: Nociones de la Historia Universal y particular de España, por siglos. F. del Castillo, Madrid. (1858). Discurso pronunciado por don Basilio Sebastian Castellanos [...] con motivo de la inauguración del curso eclesiástico de 1857 á 1858. P. Montero, Madrid. (1859). Elementos de geografía de España [...]. A. Santa Coloma, Madrid. (1862). Discursos leidos ante la Academia Española de Arqueología. Discurso del señor don Basilio Sebastian Castellanos de Losada. A. Gómez Fuentenebro, Madrid. (1868). Biografía o sea compendio de la historia de la vida y hechos del famoso cardenal de España y eminente político D. Francisco Ximénez de Cisneros [...]. A. Gómez Fuentenebro, Madrid.

Numismática e arqueoloxía

(1838). Galería Numismática Universal o Colección de monedas, medallas y bajo relieves antiguos y modernos [...]. Compañía Tipográfica, Madrid.