O neopaganismo estoniano, ou a fe nativa estoniana, abrangue varios renacementos contemporáneos da relixión indíxena do pobo estoniano, adaptada dos seus mitos e culturas locais.Jüri Toomepuu. Maausk, the belief system of indigenous Estonians. Presentation at KLENK 2011, publicado o 7 de xaneiro de 2012. St. Petersburg, Florida.
As principais ramas inclúen o taaraísmo (en , literalmente "fe taara"), unha fe monista baseada no deus Tharapita fundada como relixión nacional en 1928; e o maausk (en , literalmente "fe da terra"), un grupo moito máis amplo de "fe nativa", que abrangue os movementos de base dedicados á adoración dos deuses locais, á adoración da natureza e á relixión da terra. Ambos movementos están asociados coa organización Maavalla Koda.Maavalla Koda. Estonian House of Taara and Native Religions.
Unha enquisa de 2002 suxeriu que o 11 % da poboación de Estonia afirmaba ter «os sentimentos máis cálidos cara ao taaraísmo e o maausk» de entre todas as relixións..Ahto Kaasik. Old Estonian Religion . Maavalla Koda.
Unha enquisa de 2021 informou de 3.860 seguidores autodeclarados de Maausk e 1.770 seguidores de Taarausk vivindo en Estonia.
Ramas Taaraísmo O taaraísmo foi fundado en 1928 por membros da intelectualidade, incluíndo o soldado Kustas Utuste e a escritora Marta Lepp, co obxectivo de reafirmar a cultura e a identidade tradicionais estonianas. Considerando o cristianismo como unha relixión estranxeira traída polos alemáns, recorreron á relixión indíxena coas súas moitas deidades.
Os taaraístas manteñen unha cosmovisión monista ou monoteísta na que todos os deuses son aspectos dunha única realidade panteísta, que identifican co deus Tharapita ou Taara (unha divindade relacionada con divindades indoeuropeas como o xermánico Thor ou Thunor, o galo Taranis e o hitita Tarḫunz).
Restableceron os hiis, arboredos sagrados, e acuñaron o termo hiislar para denominar o seu clero. O primeiro hiis foi fundado en 1933, foi o Tallinna Hiis (Arbodo sagrado de Talín). Había varios miles de membros en 1940, pero máis tarde o movemento foi prohibido baixo o liderado da Unión Soviética, e moitos membros foron asasinados. Hoxe en día o centro principal dos taaraístas atópase na cidade de Tartu.
Maausk Maausk ("Relixión nativa") é un movemento activista de culto á natureza, a adoración dos deuses locais e outros deuses e hiis sen relación co movemento taaraísta. Salientan as raíces e a tradición supostamente non cristiás e non europeas da cultura estoniana. O movemento Maausk xurdiu na década de 1980. É principalmente unha fe politeísta-panteísta que identifica o divino coa propia natureza. No seu calendario cíclico anual, os días santos máis importantes son o Jõulud (festival do solsticio de inverno) e o Jõulukuu (festival de aninovo) o 25 de decembro, o solsticio de verán (Jaanipäev), o Munadepühad, o Leedopäev e o Kasupäev.Toomepuu (2012), p. 5.
Os seus santuarios son hiis ou outros lugares naturais, preferentemente lugares tradicionais de sacrificio, curación e outros lugares sagrados da relixión popular estoniana. Un santuario é un lugar que pode ter árbores antigas, rochas glaciares, masas de auga ou plantas únicas. Pode haber un balancín, unha lareira, unha sauna e un pendello para almacenar troncos no santuario. A xente vai a varios santuarios durante festivais importantes ou outras ocasións importantes para estabelecer harmonía coa natureza, experimentar a paz e gañar forzas. Antes de ir ao santuario, o corpo e a mente deben purificarse.Toomepuu (2012), p. 6. A súa ética fai fincapé en "mõnu" ou "mõnus", "gozo" ou, máis precisamente, "vida harmoniosa" ou "equilibrio".Toomepuu (2012), p. 7.
Notas
Véxase tamén
Bibliografia Jüri Toomepuu. Maausk, the belief system of indigenous Estonians. Presentation at KLENK 2011, publicado o 7 de xaneiro de 2012. St. Petersburg, Florida. Outros artigos Paganismo finobáltico Neopaganismo finés Ligazóns externas Maavalla Koda
Categoría:Nacionalismo estoniano